Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PRESENTARÁ ESTE VENRES O RECETARIO "NARÓN, PRODUTOS DA RÍA"
O acto, aberto á cidadanía e con aforo limitado, desenvolverase pola tarde no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, tal e como apuntou o edil de Promoción Económica, David Pita
Narón, 16 de novembro de 2021. O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acollerá este venres, día 19 ás 18.30 horas, o acto de presentación do recetario “Narón, produtos da ría”. Así o indicou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, explicando que se trata dunha convocatoria aberta á cidadanía, con aforo limitado para 50 persoas e que se completará por orde de chegada. “Editamos un total de 8.000 exemplares que se distribuirán polas asociacións veciñais, o GALP, a oficina de Turismo da Xunta, asociación de hostaleiros de Ferrolterra, locais de hostalería, confrarías de Ferrol e Barallobre, a cooperativa do Val, Biblioteca e ludoteca municipais, centros de ensino… co fin de que cheguen á maior xente posible”. O libro contén varias recetas con diferentes produtos da ría e elaboradas por profesionais do sector da hostalería de Narón e inclúe ademais varias “pequerecetas” seleccionadas e elaboradas por un restaurante local e coordinadas por un profesional no sector. Está escrito en galego, castelán e inglés e con imaxes de cada unha das propostas gastronómicas. Pita avanzou tamén que tralo acto de presentación haberá unha degustación de ameixas e zamburiñas. “É importante que a xente coñeza diferentes xeitos de elaborar receitas con este tipo de produtos de proximidade, dos que temos unha gran variedade e calidade na ría e que contribúen tamén a fortalecer este sector e o hostaleiro, aos que quero agradecer a súa colaboración”, asegurou. O Concello promove esta iniciativa en colaboración co GALP Golfo Ártabro Norte e a Consellería do Mar a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal