Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS E OUTRAS ENTIDADES DE ÁMBITO MUNICIPAL
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS E OUTRAS ENTIDADES DE ÁMBITO MUNICIPAL
As solicitudes deberán presentarse a través da Sede Electrónica do Concello nos vindeiros quince días hábiles, tal e como avanzou a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García
Narón, 16 de novembro de 2021. O Concello de Narón convoca un ano máis as subvencións para asociacións e outras entidades de ámbito municipal, dirixidas a actuacións e programas realizados durante este ano e encamiñadas a promover e dinamizar a participación activa da veciñanza no tecido asociativo en diferentes áreas. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, anunciou que se poderán solicitar a partir de hoxe –e durante os vindeiros quince días hábiles- coa documentación correspondente a través da Sede Electrónica do Concello.
As asociacións e institucións de carácter social e entidades sen ánimo de lucro que soliciten estas subvencións deben estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás do Concello, ter os seus datos actualizados no momento de presentar a solicitude e debidamente xustificadas as axudas ou subvencións concedidas en anos anteriores polo Concello. Así mesmo, deben cumprir o resto de requisitos que se establecen no artigo 3.1 da Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Narón.
As áreas nas que deben traballar as asociacións e entidades solicitantes son: socioeducativa, sociocultural, igualdade, persoas con discapacidade ou drogodependencias, infancia, inmigración, minorías étnicas, atención ás persoas maiores, participación cidadá, mocidade, medioambiental e saúde, tal e como se especifica nas bases.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal