Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE TELEOPERADOR/A
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE TELEOPERADOR/A
A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, indicou que se ofertan un total de doce prazas e que o período de inscrición rematará o 24 de novembro
Narón, 17 de novembro de 2021. O Concello abrirá mañá o prazo de inscrición un curso de Teleoperador/a convocado a través da área de Novas Tecnoloxías, dirixida pola edil Natalia Hermida. A acción formativa diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón e ofertará un total de doce prazas. Hermida anunciou que o prazo de presentación das solicitudes permanecerá aberto dende mañá ás 8.30 horas ata o día 24 deste mes ás 13.30, debendo entregarse no Rexistro Xeral do Consistorio, a través da Sede Electrónica ou dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
A acción formativa desenvolverase do 29 de novembro ao 15 de decembro –de 9.30 a 13.30 horas de luns a venres- no Centro municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e consta dun total de 40 horas. Durante o período formativo o alumnado abordará diversos contidos, como a comunicación, o teléfono e a empresa, telemarketing, atención ao cliente e atención en inglés.
O listado provisional de persoas admitidas, suplentes e excluídas publicarase na Sede Electrónica do Concello e as persoas seleccionadas serán informadas telefonicamente da súa admisión para a confirmación da praza. A publicación da listaxe definitiva do alumnado tamén se publicará na Sede Electrónica de Narón.
“A través deste curso o alumnado terá a oportunidade de coñecer as funcións principais deste traballo, cunha importante demanda entre as empresas e que, polo tanto, suporá unha oportunidade máis de cara á posible inserción no mercado laboral”, subliñou a concelleira de Novas Tecnoloxías.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal