Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O XURADO DO CERTAME "VILAS EN FLOR" OUTORGOU TRES FLORES DE HONRA AO CONCELLO E CALIFICOU DE "ÓPTIMO" O ESTADO DAS ZONAS VERDES E MOBILIARIO URBÁN
O XURADO DO CERTAME
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, recolleu a distinción en Allariz de mans da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez
Narón, 17 de novembro de 2021. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, desprazouse esta mañá ao Museo do Coiro de Allariz para participar no acto de entrega dos premios da cuarta edición do certame “Vilas en flor”, organizado pola Fundación Juana de Vega e no que participaron trinta municipios galegos. O edil naronés recibiu o diploma acreditativo desta distinción da man da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.
O xurado concedeu tres flores de honra, unha máis que o ano pasado –dun máximo de cinco, que non se chegaron a conceder en ningunha edición- ao Concello de Narón, tras visitar a cidade integrantes do mesmo hai uns meses para coñecer os espazos verdes da cidade. No fallo emitido destácase que a cidade “conta cunha importante superficie de zonas verdes e axardinadas, ben mantidas e con presenza en todos os barrios”. Así mesmo, destácase o feito de que para os paseos de Xuvia e Freixeiro “redactouse un interesante proxecto que os enlazará, dotando á cidade dun extenso cinturón verde que se convertirá en espazo de ocio e esparcemento”. A maiores, no documento consta que o estado de mantemento das zonas axardinadas urbanas e do mobiliario urbán é “óptimo” e sublíñase que “a aposta pola reciclaxe e a sostibilidade manifestase na xestión da auga, da enerxía e dos residuos”.
O certame ten entre os seus obxectivos impulsar a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos a través das súas iniciativas para poñer en valor, conservar, integrar e manter a súa paisaxe urbana e rural. Na organización desta convocatoria tamén colaboran a Asociación de Viveristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación galega de Empresas de Xardinería (Agaexar). Expertos en Ciencias Biolóxicas, Enxeñeiros agrícolas, enxeñeiros agrónomos, arquitectos e representantes de diferentes entidades, entre outros, integraron o xurado.
Santalla asegurou tras recibir o premio que “dende o Concello continuaremos traballando por manter no mellor estado posible as zonas verdes para que poidan desfrutar delas todas as veciñas e veciños de Narón e tamén doutros municipios”. Así mesmo, destacou que “nos vindeiros meses comezarase a traballar nesa senda peonil que enlazará os paseos de Xuvia e Freixeiro, un proxecto moi completo e ambicioso, con senda peonil, carril bici, áreas de descanso… que permitirá manter a nosa cidade como un referente en espazos de ocio”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal