Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ALUMNADO DE TERCEIRO DA ESO DO IES TERRA DE TRASANCOS RESULTOU GAÑADOR DO "II CONCURSO DE IMAXES POLA IGUALDADE PARA ESCOLARES"
ALUMNADO DE TERCEIRO DA ESO DO IES TERRA DE TRASANCOS RESULTOU GAÑADOR DO
O certame convocouse tras desenvolverse uns obradoiros nas aulas, no marco da programación do Día Internacional contra a violencia de xénero
Narón, 18 de novembro de 2021. O xurado da segunda edición do “Concurso de imaxes pola igualdade para escolares: Violencia machista e as redes sociais”, fixo público o fallo deste certame, resultando gañador o alumnado de 3º A da ESO do IES Terra de Trasancos. As edís de Igualdade e Ensino, Mar Gómez, e Mercedes Taibo; a experta en Igualdade Cristina Bajo; a experta en fotografía e audiovisuais Rocío Brage; Elena López, representante do Consello Sectorial de Igualdade e Cristina González, vicedirectora do IES As Telleiras, integraron o xurado. O traballo gañador, titulado “Imos polo bo camiño”, realizárono Marcos Díaz, Raúl Díaz, Manuela López, Estela Gulias, Yaiza Amenedo e Elías Fontao.
Alumnado de tres centros de ensino da cidade, o CPR Jorge Juan e os IES das Telleiras e Terra de Trasancos, presentou traballos para as categorías de terceiro e cuarto da ESO a este concurso organizado polo Concello e enmarcado nos actos conmemorativos do 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero. A creatividade, a orixinalidade, adecuación ao tema, capacidade e claridade para transmitir a mensaxe e o grao de contribución á sensibilización e concienciación na poboación escolar foron os criterios que valorou o xurado á hora de decantarse por un dos traballos presentados.
Todos os centros que participaron na convocatoria recibirán un diploma acreditativo e un agasallo o alumnado que se presentou ao certame, mentres que o grupo gañador ilustrará co deseño que realizou un mural localizado nas inmediacións da Praza da Igualdade, na Gándara. Comezarán a pintalo os alumnos e alumnas que o deseñaron coa axuda de profesionais o día 23 de novembro, coincidindo co Día de Narón para telo rematado o 25, Día Internacional contra a violencia de xénero.
Entre os obxectivos desta convocatoria está promover entre o alumnado a reflexión sobre a violencia machista, estimular a creatividade das mozas e mozos e, ao mesmo tempo, fomentar que identifiquen a violencia machista nas súas múltiples fórmulas. Previamente ao certame desenvovéronse obradoiros sobre igualdade, violencias machistas… nas aulas nos que estuvo traballando o alumnado, debatindo e reflexionando sobre estes temas.
As edís naronesas agradeceron a participación do alumnado e docentes dos centros nesta iniciativa e felicitaron ás persoas gañadoras desta edición polo traballo realizado, valorando o feito de que pasará a formar parte da decoración dun espazo que poderán ver todas as veciñas e veciños da cidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal