Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CENTRO CÍVICO SOCIAL DA SOLAINA ACOLLEU O ACTO DE PRESENTACIÓN Á CIDADANÍA DO PLAN DIRECTOR DO BARRIO
O CENTRO CÍVICO SOCIAL DA SOLAINA ACOLLEU O ACTO DE PRESENTACIÓN Á CIDADANÍA DO PLAN DIRECTOR DO BARRIO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, participou na convocatoria xunto con outros representantes do goberno local
Narón, 20 de novembro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e varios edís do grupo de goberno, desprazáronse esta semana ao Centro Cívico Social da Solaina para asistir ao acto de presentación do Plan Director deseñado para o barrio, que estivo aberto á participación veciñal. No transcurso da convocatoria, a alcaldesa agradeceu a presencia das persoas que acudiron á xuntanza e destacou a importancia deste proxecto deseñado para A Solaina, sobre o que xa se realizou un arduo traballo de campo e coa finalidade de “artellar a rexeneración deste barrio da cidade, con preto de 2.700 vivendas, nos vindeiros anos, mellorando a calidade urbana, a actividade económica e, en definitiva, a calidade de vida dos residentes”.
A presentación pública das liñas xerais deste Plan director comezou precisamente explicando en que consiste. “É un plan estratéxico integral a través do que buscamos tamén a implicación veciñal para que eses cambios no barrio que se proxectan nos espazos públicos se noten tamén nas propiedades privadas”, apuntou Ferreiro.
As fortalezas e debilidades do barrio foron desglosadas no transcurso desta reunión, para plantexar unha intervención en conxunto a través un paquete de medidas no que se definen as liñas de actuación a levar a cabo a medida que se materialicen os investimentos previstos en cada momento. A redistribución da superficie, tanto no que respecta aos percorridos peonís como o tráfico de vehículos para incidir na mellora da humanización do barrio, a implantación de accións que permitan achegar na medida do posible servizos ao barrio e a creación dun Laboratorio de Ecoloxía Urbana, serían esas liñas de actuación.
A implicación das veciñas e veciños do barrio, axentes sociais… é fundamental para executar parte das medidas previstas. Por este motivo, a maiores do traballo xa realizado, os participantes na convocatoria tiveron a oportunidade de participar nunha enquisa, a través dunha aplicación cos seus teléfonos móbiles, a modo de “feedback” entre a veciñanza e a empresa. Na mesma contestaron preguntas como o tipo de relación que teñen coa zona –son residentes, traballan alí, uso comercial…- a idade, ocupación, con cantas persoas reside, se teñen fillos/as, se residen cos pais/nais ou sogros/as…e outras máis vencelladas á situación inmobiliaria do barrio, para coñecer diferentes percepcións.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal