Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ORGANIZA UN OBRADOIRO DE TAPAS E PINCHOS CON PRODUTOS DO MAR
O CONCELLO ORGANIZA UN OBRADOIRO DE TAPAS E PINCHOS CON PRODUTOS DO MAR
O prazo de inscrición está aberto e a convocatoria terá lugar os días 27 e 28 deste mes, tal e como indicou o edil de Promoción Económica, David Pita
Narón, 20 de novembro de 2021. O edil de Promoción Económica, David Pita, informou da apertura do prazo de inscrición nun Obradoiro de tapas e pinchos con produtos do mar que se desenvolverá os días 27 e 28 deste mes no Centro Cívico Social do Val, de 10.00 a 14.00 horas. As prazas están limitadas a trinta persoas por día e aquelas interesadas en participar deberán enviar un correo electrónico á dirección: promocioneconomica@naron.es, indicando o seu nome e apelidos, un teléfono de contacto e a preferencia no día que desexan acudir a esta convocatoria, que é de balde.
O edil naronés explicou que este obradoiro, que impartirá a docente e experta en temas de nutrición Susana Rañal, “está máis ben dirixido ao sector da hostalería, para que teña a oportunidade de preparar diferentes tapas e pinchos con produtos do mar para ofrecelos nos seus establecementos, aínda que no caso de que haxa vacantes está aberto á cidadanía en xeral, polo que animamos a que se anoten todas as persoas interesadas”.
Así mesmo, Pita indicou que o da vindeira semana é un novo obradoiro do proxecto “Narón mar aberto”, financiado pola Unión Europea (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca) e subvencionado a través do Grupo de Acción Local do sector pesqueiro Golfo Ártabro Norte (GALP). Colaboran na organización deste obradoiro a Asociación de Veciños do Val e a Asociación Terra Rendible.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal