Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PINTOR FERROLÁN ANDRÉS GABARRES CAGIAO, GAÑADOR DO "XIII CONCURSO DE PINTURA CIDADE DE NARÓN"
O PINTOR FERROLÁN ANDRÉS GABARRES CAGIAO, GAÑADOR DO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidirá o acto de entrega de premios deste certame o 23 de Novembro, Día de Narón, no Pazo da Cultura
Narón, 21 de novembro de 2021. O pintor ferrolán afincado en Madrid Andrés Gabarres Cagiao alzouse co primeiro premio da décimo terceira edición do “Concurso de Pintura Cidade de Narón”, organizado polo Padroado da Cultura de Narón. O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, recordou que o pasado venres se reuniu o xurado, presidido polo artista plástico Melchor Balsera (gañador deste mesmo certamen na edición de 2020) e no que actuaron como vogais Jesús Basterrechea e Begoña Gorostidi. “Plastic Hotel” é o título da obra de Gabarres que resultou elixida entre as dezanove que pasaron á fase final deste certame e que obtivo os 3.000 euros do primeiro premio. A obra pasará a ser propiedade do Padroado da Cultura de Narón e o seu autor ten dereito a unha exposición do seu traballo durante quinte días no Pazo, tal e como se estipula nas bases da convocatoria
A entrega de premios deste certame realizarase o vindeiro martes, día 23 –ás 19.00 horas-, coincidindo cos actos do Día de Narón, festividade local na cidade. O primeiro premio Amador “Francisco Criado” –convocado en recordo do pintor Francisco Criado, da parroquia de San Xiao, donde se iniciou este certame- adiouse para unha data aínda por determinar. As obras presentadas á categoría profesional poderán verse ata o martes 23 na entrada do Pazo da Cultura. No certame participaron artistas de diferentes comunidades, como Madrid, Navarra, Castela León, Castela A Mancha e tamén de diferentes municipios galegos.
Os autores e autoras das obras presentadas ás categorías infantil e xuvenil –fóra de concurso- recibirán tamén no acto do día 23 de novembro no Pazo un detalle pola súa participación.
As persoas que participaron puideron presentar obras a esta edición do certame dende o 5 de outubro rematando o prazo o 31 dese mes para a categoría profesional. No caso das modalidades amadora e infantil os prazos marcados eran do 18 ao 29 de outubro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal