Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
OS CONSELLOS TERRITORIAIS DE PARTICIPACIÓN CELEBRARANSE ESTA SEMANA EN SAN MATEO E CASTRO
OS CONSELLOS TERRITORIAIS DE PARTICIPACIÓN CELEBRARANSE ESTA SEMANA EN SAN MATEO E CASTRO
As xuntanzas coa veciñanza continuarán este mes e rematarán en decembro na zona urbana e rural da cidade, tal e como recordou a edil de Participación Cidadá, Catalina García
Narón, 22 de novembro de 2021. A Escola de San Mateo acollerá esta tarde, ás 18.00 horas, un novo Consello Territorial de Participación Cidadá con veciñas e veciños da cidade. A convocatoria, que presidirá a edil de Participación Cidadá, Catalina García, súmase ás que se veñen realizando nas últimas semanas nos barrios e parroquias da cidade e que rematarán no mes de decembro.
Os Consellos Territoriais continuarán este mércores, día 24, no local social do Paraxe, en Castro e os programados para finais deste mes son o 29 no local social de San Xiao -18.00- e o 30 no local social “Virxe do Mar”, en Santa Icía -19.00-. As dúas últimas sesións deste ano, no mes de decembro, terán lugar o día 1 no local social do Alto do Castiñeiro -18.00 horas- e o 2 no local social de Sedes -19.30-. As persoas que desexen asistir a estas convocatorias deben confirmalo previamente enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou a través do número de teléfono 603 865 413.
García recordou que nestes encontros coa veciñanza se informa sobre cuestións que se abordaron nos anteriores Consellos Territoriais e tamén doutras de máis actualidade, de actuacións ou algúns proxectos en marcha nos barrios e parroquias da cidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal