Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO E AFAL CONVOCAN UN CURSO ONLINE SOBRE "APRENDIZAXE DE CONVIVENCIA COA DEMENCIA"
O CONCELLO E AFAL CONVOCAN UN CURSO ONLINE SOBRE
A alcaldesa, Marián Ferreiro e a edil de Benestar Social, Catalina García, presentaron a convocatoria con Francisco Pantín e Silvia Loureiro, presidente e logopeda de AFAL, respectivamente
Narón, 22 de novembro de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presentou esta mañá coa edil de Benestar Social Catalina García, e con Francisco Pantín e Silvia Loureiro, presidente e logopeda, respectivamente, da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAL) un curso online sobre “Aprendizaxe de convivencia coa demencia”. A convocatoria diríxese a coidadores/as e familiares de enfermos/as de alzheimer e outras demencias e profesionais sociosanitarios, podendo anotarse a través do teléfono 981 370 692 ou do correo electrónico: afalferrolterra@afalferrolterra.com.
O curso desenvolverase do 29 de novembro ao 3 de decembro, en horario de 12.00 a 13.00 a través da plataforma Google meet e enmárcase no convenio que o Concello naronés mantén con AFAL. A formación é de balde e ao remate da mesma as persoas participantes recibirán un certificado do mesmo. “É moi importante ensinar a sobrelevar esta enfermidade do mellor xeito posible e as persoas que coidan a outras con alzheimer teñen que aprender tamén a vivir coa enfermidade”, asegurou Silvia Loureiro. O presidente de AFAL incidiu en que “a coordinación é fundamental entre os traballadores sociais dos concellos e os das asociacións, e especialmente das persoas que traballan na área sociosanitaria e de demencias”.
Na primeira xornada realizarase unha presentación da asociación AFAL para continuar abordando diferentes temas, como o tratamento da patoloxía e os diferentes síntomas do alzheimer, tratamentos non farmacolóxicos e pautas de comunicación e síndrome do/a coidador/a familiar, para rematar informando sobre como convivir coa demencia (aseo, alimentación, alteracións da conduta e actitudes positivas que teñen que adoptar os coidadores e as coidadoras).
A alcaldesa e a edil de Benestar Social destacaron o importante traballo que AFAL realiza co colectivo de persoas con alzheimer e as súas familias, “para poder prestarlles a información e formación que precisan en ambos casos e que lles permita sobrelevar do mellor xeito posible o seu día a día”, indicaron.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal