Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNANIMIDADE DA CORPORACIÓN LOCAL PARA INSTAR Á XUNTA E AO GOBERNO CENTRAL A INCLUIR A NARÓN NO CONVENIO DE TRANSICIÓN XUSTA DE AS PONTES
UNANIMIDADE DA CORPORACIÓN LOCAL PARA INSTAR Á XUNTA E AO GOBERNO CENTRAL A INCLUIR A NARÓN NO CONVENIO DE TRANSICIÓN XUSTA DE AS PONTES
Na sesión plenaria aprobouse tamén unha moción presentada por TEGA, PSOE e PP polo Día Internacional da Violencia contra a Muller
Narón, 25 de novembro de 2021. A corporación local levou ao pleno desta tarde, ás 19.00 horas, unha declaración institucional para solicitar a inclusión de Narón no convenio de transición xusta de As Pontes. Os voceiros de Terra Galega, Román Romero; PSOE, David Pita; Partido Popular, Germán Castrillón, e BNG, Olaia Ledo, asinan o documento, no que se insta á Xunta a realizar as xestións necesarias para que se inclúa ao Concello de Narón no ámbito xeográfico do Convenio de Transición Xusta de As Pontes. Ao mesmo tempo, tamén se insta ao Ministerio de Transición Ecolóxica a incluír ao Concello no ámbito xeográfico do citado convenio.
Dende o Consistorio manifestouse a “sorpresa” polo feito de que non se incluíse a Narón na reunión celebrada hai uns días sobre axudas para proxectos municipais e infraestruturas que vai facer o Ministerio de Transición Ecolóxica, ás que só se poden presentar os concellos incluídos no Protocolo Xeral de Actuación para o deseño dun Convenio de Transición Xusta para As Pontes, no que non está a cidade. O Concello si figura no Plan de Acción Urxente para as comarcas de carbón e centrais en peche 2019-2021 como terceiro afectado polo peche -de trinta e catro municipios da zona- con 5 traballadores da propia térmica e 53 de contratas. Así mesmo, tal e como se recalca, é preciso ter en conta que varias empresas asentadas nos polígonos industriais naroneses traballan como subcontratas para a térmica, o que incrementaría considerablemente esa cifra. “Narón é lamentablemente un dos municipios que sufrirá o impacto do peche da central térmica de As Pontes, polo que nos vemos na obriga de defender unha vez máis tamén para o noso municipio unha transición xusta”, aseguran na declaración institucional.
Así mesmo, na sesión aprobouse por unanimidade adhesión do Concello á Rede Española de Cidades Saudables, o que suporá o pago dunha cota anual de 1.000 euros –fixada en termos poboacionais segundo acordo adoptado pola FEMP-. O Consistorio comprométese a elaborar un Plan de Saúde e a cumprir coas obrigas e exercer os dereitos das normas de funcionamento do citado organismo, que aposta por promocionar e protexer a saúde e o benestar da cidadanía, en concordancia cos principios do proxecto “Healthy Cities” da Organización Mundial da Saúde.
No apartado de mocións o PP presentou unha para que se adquira a propiedade lindeira co Colexio Rural Agrupado de Sedes para ampliar as instalacións do mencionado centro. Sobre a mesma, a alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Urbanismo, Manuel Ramos, apuntaron que o inmoble está fóra de ordenación, a parcela ao outro lado da estrada, o que suporía un risco para os menores, e en canto á ampliación dos núcleos rurais recordou que o Concello xa o plantexou á Xunta no ano 2017 para crear unha vintena máis e a Xunta non aceptou. Na mesma liña se manifestou o voceiro do PSOE, David Pita, que calificou de “incrible” a proposta tras pechar parte dos colexios rurais, como foi o caso de Pedroso. “O caso de Pedroso, no que se cumprían as ratios establecidas, foi a gran oportunidade de que a Xunta demostrase que quere manter as escolas rurais”, recalcou Ferreiro. O PP presentou tamén unha moción en apoio ao sector lácteo galego que se aprobou cos votos de TEGA e BNG -o PSOE abstívose- e na que se reclama que os gandeiros cobren un prezo que como mínimo cubra os custes de produción, se impulsen campañas de concienciación sobre o sector primario e se reforce a promoción dos produtos lácteos galegos, entre outras medidas.
O BNG presentou unha moción sobre o incremento dos recursos económicos destinados á loita contra a violencia de xénero que non se aprobou, se ben saíu adiante unha moción presentada polos grupos municipais de TEGA, PSOE e PP manifestando o compromiso da administración pública máis próxima á cidadanía para liderar a loita contra a violencia machista mediante diferentes accións e demandar recursos económicos ao conxunto das administracións para ese mesmo fin.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal