Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ASOCIACIÓN MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA E FUCO BUXÁN PRESENTARON NO CONCELLO AS PROPOSTAS PARA CONMEMORAR O 50 ANIVERSARIO DO 10 DE MARZO DE 1972
A ASOCIACIÓN MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA E FUCO BUXÁN PRESENTARON NO CONCELLO AS PROPOSTAS PARA CONMEMORAR O 50 ANIVERSARIO DO 10 DE MARZO DE 1972
A alcaldesa, Marián Ferreiro, reuniuse onte con representantes das dúas asociacións, que lle avanzaron algunhas das propostas para conmemorar a xornada
Narón, 26 de novembro de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, reuniuse onte á tarde con representantes da Asociación Memoria Histórica Democrática e de Fuco Buxán para coñecer de primeira man as iniciativas previstas para conmemorar o 50 aniversario do 10 de marzo de 1972, que se cumpre o vindeiro ano.
No transcurso da reunión os representantes de ambas entidades presentáronlle a Ferreiro o manifesto da convocatoria: “10 de Marzo (1972-2022) 50 anos de Memoria e Dignidade”, que conta xa con múltiples apoios, e tamén lle avanzaron algunhas das actividades que se desenvolverán en 2022.
Os representantes da Asociación Memoria Histórica Democrática e da Asociación Fuco Buxán agradeceron a boa acollida do Concello de Narón ás propostas plantexadas, todas elas encamiñadas a conmemorar uns acontecementos acontecidos nesa data en Ferrol, cunha brutal represión e o asasinato de dous traballadores, Amador Rei e Daniel Niebla.
Ferreiro amosou a colaboración do Concello nos actos que se programen para conmemorar esa data o vindeiro ano, incidindo en que “derivaron dunha loita polos dereitos das persoas e contra a represión con fatais consecuencias e que non debe quedar no esquecemento”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal