Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ENTREGOU OS PREMIOS DO "CONCURSO DE IMAXES POLA IGUALDADE PARA ESCOLARES"
Marián Ferreiro deu os agasallos do certame ao alumnado de terceiro A do IES Terra de Trasancos que elaborou o deseño elixido polo xurado
Narón, 26 de novembro de 2021. Marcos Díaz, Raúl Díaz, Manuela López, Estela Gulias, Yaiza Amenedo e Elías Fontao, alumnas e alumnos de terceiro A do IES Terra de Trasancos, desprazáronse esta mañá o Concello acompañados por dúas docentes do centro educativo para recoller o premio do “Concurso de imaxes pola igualdade para escolares: violencia machista e as redes sociais”. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e as edís de Igualdade, Mar Gómez, e Ensino, Mercedes Taibo, recibiron ás rapazas e rapaces e entregáronlles unha lámina co debuxo que realizaron, e unha botella reutilizable, entre outros agasallos. Así mesmo, a rexedora local entregou ás docentes o diploma que acredita ao centro como gañador do certame e un lote de libros, xunto con máis botellas reutilizables para repartir na aula. O deseño realizado polos estudantes estase pintando nun espazo público próximo á Praza da Igualdade, inaugurada onte con motivo dos actos do Día Internacional contra a violencia de xénero, no marco do que tamén se convocou este concurso. Ferreiro e as edís naronesas conversaron coas alumnas e alumnos, que lles trasladaron que consideran moi axeitadas esta e outras iniciativas, como charlas, impulsadas dende o Concello e dirixidas neste caso ao estudantado. Ferreiro felicitou aos rapaces e rapazas polo traballo realizado e avanzoulles que tamén se pintará un mural co seu deseño no IES Terra de Trasancos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal