Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS CONSELLOS TERRITORIAIS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ CONTNÚAN ESTA SEMANA EN SAN XIAO, SANTA ICÍA, O ALTO E SEDES
As persoas que desexen acudir deberán inscribirse previamente por correo electrónico ou chamando ao número de teléfono da Escola de Participación Cidadá de Narón
Narón, 29 de novembro de 2021. Os Consellos Territoriais de Participación Cidadá continuarán esta semana en San Xiao, Santa Icía, O Alto e Sedes. A edil de Participación Cidadá, Catalina García, recordou que a primeira das sesións será esta tarde, ás 18.00 horas no local social de San Xiao. As citas continuarán mañá no local social “Virxe do Mar”, en Santa Icía -19.00-. As dúas últimas sesións deste ano, terán tamén lugar esta semana, o mércores no local social do Alto do Castiñeiro -18.00 horas- e o xoves no de Sedes -19.30-. No transcurso dos Consellos Territoriais de Participación Cidadá representantes do goberno local abordan coas veciñas e veciños dos barrios e parroquias da cidade temas que se trataron nos programados a principios deste ano e outros de máis actualidade, de actuacións ou algúns proxectos en marcha no termo municipal. As persoas que desexen asistir deben confirmalo previamente enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou a través do número de teléfono 603 865 413.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es