Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
RENOVACIÓN DA PÁXINA WEB MUNICIPAL
RENOVACIÓN DA PÁXINA WEB MUNICIPAL
O novo deseño permite un acceso máis rápido e sinxelo á información
Narón, 8 de Xaneiro de 2010.- A Concellería de Novas Tecnoloxías de Narón, dirixida por Paloma González Cuevas, ven de realizar un traballo de mellora do deseño da páxina web municipal (www.naron.es) coa finalidade de facela máis accesible ós visitantes. A principal novidade é a incorporación dun enlace directo á páxina dos proxectos promovidos polo Concello e Cofinanciados pola Unión Europea (Fondos Feder) que están en fase de execución en Narón. Neste lugar pódense consultar as obras que na actualidade están en marcha con cargo á inversión europea, cifrada en máis de 5 millóns de euros.

Seguindo co novo deseño da web municipal, obsérvase un cambio significativo da súa portada, composta por unha imaxe fotográfica dinámica sobre Narón, que irá cambiando coa finalidade de mostrar o maior número posible de lugares do municipio. Tamén incorpora outras novidades coma a información metereolóxica en tempo real, e unha axenda –xa existente- máis visible e amplia, na que se incluirán (ademáis do orde do dia das comisións informativas e dos plenos) outros datos de interese coma as actividades máis importantes que teñan que ver co Concello (tales coma inauguracións ou presentacións oficiais).

Continúan visibles os enlaces que xa existían na antiga web do Concello, coma a modificación puntual do PXOUM, a venta de parcelas do sector 4 do polígono de Rio do Pozo, ou as obras a executar con cargo ó Plan E. Inclúese, sen embargo, unha novidade que é un taboleiro con enlaces a anuncios doutras obras públicas e a oferta pública de emprego do Concello. Mantense, por outra banda, a información municipal situada na parte central da páxina web.

A nova páxina dispón tamén dun buscador de empresas (xa existía aínda que non era tan visible) e dun directorio telefónico por actividades que permite dar de alta novos establecementos. Outra das novidades que ofrece é a posibilidade de crear blogs, que se ofrecerá proximamente (a través de cursos promovidos pola Concellería de Novas Tecnoloxías) ás entidades inscritas no Rexistro Municipal de Entidades do Concello.

A web municipal continúa ademáis coa súa oficiña virtual, na que poden formularse denuncias, reclamacións e solicitudes dirixidas á Policía Local e
Nacional). Proximamente esta sección ampliará a súa oferta, o que permitirá realizar un maior número de trámites administrativos relacionados co Concello a través de Internet.

O coste da remodelación da páxina web municipal cífrase en 2.000 euros, que foron aportados pola Concellería de Novas Tecnoloxías.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal