Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS CON ENTIDADES SOCIAIS E DEPORTIVAS POR UN IMPORTE CONXUNTO DE 110.000 EUROS
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS CON ENTIDADES SOCIAIS E DEPORTIVAS POR UN IMPORTE CONXUNTO DE 110.000 EUROS
Marián Ferreiro asinou esta mañá no Concello o convenio coa Fundación Terra de Trasancos, co seu presidente, José Díaz, nun acto no que tamén estivo a concelleira de Benestar Social, Catalina García
Narón, 29 de novembro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou nas últimas semanas convenios de colaboración con entidades de carácter social e deportivo por un importe conxunto de 110.000 euros. En función das preferencias de cada unha das entidades, algúns deles asináronse de xeito telemático, se ben esta misma mañá Ferreiro rubricou no Concello co presidente da Fundación Terra de Trasancos, José Díaz, e acompañada pola edil de Benestar Social, Catalina García, o convenio coa citada entidade da parroquia naronesa do Val. A través do acordo levaranse a cabo actividades vencelladas ao ámbito da promoción social, como unha unidade de intervención con memoria e función cognitiva ou programas de asesoramento e prevención de dependencia, fomento da autonomía e servizo de terapia ocupacional, entre outros.
Así mesmo, tamén se asinou hai unhas semanas un convenio coa Asociación Ferrolana de Drogodependencia para ofrecer asesoramento e realizar o seguemento das persoas que derive o Concello, a través do Servizo Sociocomunitario ou que poidan acceder aos recursos da entidade. Dende a mesma, realizarase unha enquisa da situación social dos usuarios e usuarias da cidade e tamén se impulsarán campañas de sensibilización do uso responsable das Tecnoloxías da Información e Comunicación.
A maiores, tamén se asinaron convenios con entidades deportivas, concretamente con seis: o Club Voleibol Narón Volea, o Club de Golf Campomar, o Club de Piragüismo Narón, a Agrupación Deportiva Náutico Narón, o Club Narón Tenis de Mesa e o Club Acordes Narón de ximnasia rítmica. En todos os casos os clubs, en base aos seus respectivos convenios, continuarán fomentando o deporte nas diferentes categorías e ofrecendo a súa colaboración na organización de eventos que organice o Concello na cidade.
A alcaldesa destacou o traballo que tanto as entidades como os clubs da cidade realizan ao longo do ano e comprometeu o apoio do Concello, materializado nestes convenios “para colaborar con eles e que poidan seguir prestando ás nosas veciñas e veciños servizos que consideramos moi necesarios en cada unha das súas áreas”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal