Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL "CONCIENCIA-T" SOBRE USO RESPONSABLE DE REDES SOCIAIS
O edil de Mocidade, Pablo Mauriz, indicou que a iniciativa se dirixe a rapazas e rapaces empadroados ou escolarizados na cidade e nados entre 2004 e 2008
Narón, 1 de decembro de 2021. O Concello mantén aberto o prazo de inscrición no programa municipal “Conciencia-T”, unha iniciativa sobre uso responsable das redes sociais dirixido a rapazas e rapaces de Narón nados entre 2004 e 2008 e empadroadas/os ou escolarizadas/os na cidade. O concelleiro de Mocidade, Pablo Mauriz, explicou que se ofertan un total de vinte prazas e que a inscrición é de balde. O programa desenvolverase os días 22, 23, 24, 27, 28 e 29 de decembro de 10.00 a 14.00 horas na Casa da Mocidade, na Gándara e algunhas actividades terán lugar noutros concellos da zona. “Os participantes na convocatoria aprenderán numerosas iniciativas educativas encamiñadas a realizar un uso responsable das redes sociais, un mundo no que a mocidade é moi activa nos últimos tempos e é moi necesario extremar todas as precaucións”, apuntou o edil. Reflexionar sobre o uso correcto das redes sociais, aprender a identificar situacións de acoso/abuso, fomentar o pensamento crítico, ofrecer alternativas de ocio, establecer relacións interpersoais entre iguais respectando e valorando positivamente a diversidade e coñecer a flora e a fauna da nosa contorna forman parte dos contidos que se abordarán neste programa. As solicitudes poden presentarse ata o 10 de decembro ás 13.30 horas no Rexistro municipal, a través da Sede Electrónica do Concello ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, utilizando o formulario dispoñible na Sede Electrónica do Concello, donde se pode consultar toda a información ao respecto. Para máis información tamén se pode chamar ao teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1111).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal