Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ASINADO UN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO E A ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA
Permitirá desenvolver proxectos relacionados coas abellas, no parque temático Aldea Nova.
Narón, 7 de Xaneiro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o delegado da Asociación Galega de Apicultura (AGA), Rafael Díaz Nieto, asinaron hoxe un convenio de colaboración entre o Concello de Narón e a Asociación Galega de Apicultura. O acordo non ten carácter económico senón que permitirá a esta asociación continuar co seu traballo de divulgación das propiedades das abellas no parque temático do mundo rural Aldea Nova (Sedes). A entidade desenvolve neste espazo municipal todo un programa de actividades relacionadas coa apicultura (como charlas e cursos intensivos sobre a materia) e mesmo mantén seis colmenares cos cales producíu durante o pasado ano un total de 200 kilos de mel ecolóxica. O convenio en cuestión ten como obxeto regular o marco de cooperación entre o Concello de Narón e a AGA, para mellorar as infraestructuras da zona rural coa finalidade de acadar un desenvolvemento equilibrado, sustentable e sostible, con xeración e revaloración dos recursos naturais e patrimoniais endóxenos, actividades que estanse a levar a cabo en Aldea Nova. Grazas a este acordo, a Asociación Galega de Apicultura poderá continuar empregando as instalacións do parque temático do mundo rural ubicado en Lagoela (Sedes) para desenvolver este programa de fomento da apicultura, como oficio ancestral. Ademáis, tamén albergará unha experiencia de cría dunha nova especie de abella no apiario instalado en Aldea Nova. Trátase dun proxecto novedoso, que se iniciará na primaveira deste ano e que se basa na cría dunha raza máis pequena de abella a través da sucesiva reducción das súas celdas. Esto permitirá lograr un exemplar “máis forte e resistente ás enfermidades, e tamén máis productivo”, asegurou Rafael Díaz. O delegado de AGA en Ferrolterra tamén agradeceu ó Concello de Narón o seu apoio na promoción e investigación da apicultura, e destacou que en determinadas parroquias como Sedes, Pedroso ou O Val existen moitos paneis de abellas e apicultores adicados a traballar con elas. Pola súa banda, o Alcalde de Narón declarou que este acordo asínase por segundo ano consecutivo, coa intención de transmitir a tódalas xeneracións a importante labor que realizan as abellas, e as propiedades beneficiosas que ten o consumo da súa mel na saúde das persoas. “Para o Concello resulta fundamental a colaboración a través de convenios coma o que hoxe asinamos xa que doutro xeito, non poderíamos facer estas actividades en solitario”, comentou o rexedor naronés.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal