Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA COLONIA INFANTIL "NATURCIENCIA NADAL 2021"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA COLONIA INFANTIL
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, indicou que se trata dunha iniciativa dirixida a menores nados entre 2009 e 2018
Narón, 2 de decembro de 2021. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, anunciou a apertura do prazo de inscrición na colonia infantil “Naturciencia Nadal 2021”, que se celebrará os días 22, 23, 24, 27, 28 e 29 deste mes nas instalacións do colexio da Gándara. A proposta, según indicou, diríxese a nenas e nenos nados entre 2009 e 2018, empadroadas/os ou escolarizadas/os en Narón. Os grupos de participantes dividiranse en dous, un de menores de 6 anos e outro de 6 a 12, que realizarán as mesmas actividades pero adaptadas á súa idade.
Obradoiros de robótica, creatividade, tecnoloxía e medio ambiente forman parte dos contidos que se tratarán nesta actividade. “Queremos ofrecer un recurso educativo ás familias para conciliar a vida laboral e familiar durante a tempada de vacacións do Nadal, abordando cos participantes diferentes contidos que lles permitan incrementar os seus coñecementos sobre a flora e fauna da zona e tamén abordando temas como matemáticas, ciencia, tecnoloxía, promover hábitos de vida saudables…”, asegurou Taibo.
En total ofertaranse trinta prazas, de balde, e haberá servizo de madrugadores de 8.00 a 9.00 horas, comezando as actividades lúdicas e educativas desta colonia ás 9.00 para rematar ás 14.00. Para facilitar a conciliación, ademais de servizo de madrugadores haberá outro de acompañamento ata a recollida de 14.00 a 15.00 horas, segundo apuntou a edil naronesa.
As solicitudes poden presentarse ata o vindeiro 13 de decembro ás 13.30 horas no Rexistro do Concello, a través da Sede Electrónica de Narón ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, utilizando o formulario dispoñible na Sede Electrónica do Concello, donde se pode consultar toda a información desta proposta. Para máis información pódese chamar ao teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1111).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal