Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ ESTE SÁBADO NA CIDADE
O vehículo permanecera estacionado parte da mañá xunto á AVV "Rosa dos Ventos", en Sedes, e tamén xunto ao Xulgado de Paz, en Xuvia
Narón, 2 de decembro de 2021. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o sábado, día 4 na cidade, concretamente en Sedes e Xuvia. O vehículo localizarase xunto á Asociación de Veciños “Rosa dos Ventos”, en Sedes, en horario de mañá, de 10.00 a 12.00 e a continuación, de 12.30 a 15.00 horas permanecerá na estrada de Castela, nas inmediacións do Xulgado de Paz. As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal