Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
GRAN AFLUENCIA DE PÚBLICO NA PRIMEIRA XORNADA DO "XII MERCADO DE 2ª MAN" QUE SE CELEBRA EN SEDES
O evento continuará mañá, en horario de mañá e tarde, no recinto feiral do Trece, tal e como recordou o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego
Narón, 4 de decembro de 2021. A primeira xornada do “Mercado de 2ª man” organizado polo Concello de Narón tivo unha moi boa acollida entre veciñas e veciños da cidade e comarca. Un total de setenta e nove postos danse cita neste evento que continuará mañá no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes. As persoas que o desexen poderán acudir en horario de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas, tal e como recordou o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego. Roupa, calzado, libros, discos, artigos de cerámica, antigüidades, xoguetes, bisutería, pezas de decoración e coleccionismo… son algúns dos produtos que se poden adquirir nos diferentes postos de venda instalados no interior dunha das naves do recinto feiral. Así mesmo, hai un espazo reservado para o Centro de Recursos Solidarios de Narón donde se poden doar alimentos e produtos de hixiene. No mercado tamén se organizaron obradoiros de reciclaxe e relacionados co medio ambiente para nenas e nenos que tiveron un gran éxito de acollida. Aos celebrados hoxe de fabricación de muérdago con corcho, de xoguetes con tapóns de plástico, lapiceiros con rollos de papel e xoias con chapas de refrescos sumaranse os programados para mañá. Os menores poderán aprender a fabricar bolas de Nadal con telas e tarros con sal de cores pola mañá e pola tarde farán maceteiros con latas e pinzas e construirán instrumentos con materiais de refugallo. Na entrada cada persoa recibe de balde unha rifa coa que poden participar nos sorteos que se realizan en horario de mañá e de tarde de produtos de Nadal.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es