Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN CONMEMORA O DÍA 10 DE DECEMBRO, DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
A Casa da Mocidade acollerá actividades simultáneas no marco do proxecto "Eu sumo, historias para un mundo cheo de diversidade"
Narón, 9 de decembro de 2021. O Concello de Narón conmemora o Día dos Dereitos Humanos que se celebra mañá, 10 de decembro, cunha serie de actividades simultáneas no marco do proxecto “Eu sumo, historias para un mundo cheo de diversidade”. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, recordou que desde as 10.00.horas, nas instalacións municipais da Casa da Mocidade da Gándara terán lugar as actividades seguintes: Construción dun mosaico colectivo. Poderán participar grupos ou persoas interesadas en realizar un traballo común para mellorar a estética da casa da Mocidade dando maior visibilidade á conmemoración desa xornada polos Dereitos Humanos. Máis aló dun photocall. Contaremos cun photocall para invitar á cidadanía a realizarse unha fotografía e compartila nas redes sociais cos cancelos de #eusumo ou #naronsuma, para xerar a reflexión e apoio a un mundo cheo de Diversidade. García animou á poboación a achegarse á Casa da Mocidade e participar nestas actividades. Neste proxecto colaboran as seguintes entidades: AXF, CHAMORRO, COGAMI, TEIMA, ASPANEPS, ASPANAES, ALCER, AFFINOR, ASCM Narón e Movilidad Humana.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal