Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA TRES ESPECTÁCULOS "AS CATEDRAIS SILENCIADAS", "O CHARCO DE ULISES" E "CUBA E GALICIA XUNTAS"
A música e o teatro protagonizan a programación cultural do venres, sábado e domingo no Pazo naronés
Narón, 10 de decembro de 2021. A programación cultural continúa no Pazo da Cultura con tres novos espectáculos. Hoxe venres, ás 20.30 horas, poderase ver o espectáculo de música folk tradicional “As catedrais silenciadas”, o terceiro álbum do músico Xabier Díaz xunto coas Adufeiras de Salitre, quizais a obra que mellor reflicte a esencia do seu encontro. O título é un berro de alerta ante o progresivo despoboamento do rural e a perda indentitaria que isto implica. Este espectáculo chega a Narón logo dunha extensa xira por máis de 13 países e 200 concertos. Na xornada do sábado día 11, ás 20.00 horas, o Centro Dramático Galego representará “O charco de Ulises”, unha versión libre da Odisea traspasada a un contexto atlántico co texto de Santiago Cortegoso e baixo a dirección e adaptación de Marián Bañobre e o propio Cortegoso. O charco de Ulises trata da viaxe como concepto vital da existencia do ser humano no tempo, trata dos movementos migratorios, do multiculturalismo, da necesidade – ou non – de traspasar calquera fronteira. Fai unha relectura do clásico universal de Homero contextualizándoo nun fenómeno sociolóxico que marcou a historia do pobo galego. O domingo día 12, ás 19.00 horas, a través de Mistura Son, o Pazo acollerá o espectáculo “Cuba e Galicia xuntas”. Mistura é un proxecto que parte da base de dúas raíces musicais moi amplas: a galega e a cubana. As mesturas de ritmo, instrumentos e influencias, fixeron que entre o país latinoamericano e os emigrados galegos se formase un vínculo moito máis próximo. Trátase dun proxecto composto por 7 mulleres, músicas galegas e cubanas, unidas profesionalmente pola música que achegarán ao público novas e frescas propostas, dando forma e vida a unha nova e orixinal mestura musical.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal