Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
Á VENDA AS ENTRADAS PARA O CONCERTO DO VIOLINISTA ARA MALIKIAN NO PAZO DA CULTURA
Á VENDA AS ENTRADAS PARA O CONCERTO DO VIOLINISTA ARA MALIKIAN NO PAZO DA CULTURA
O concerto terá lugar o vindeiro 7 de xaneiro e as entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 13 de decembro de 2021. O violinista de orixe libanés e afincado en Madrid Ara Malikian regresará de novo ao escenario do Pazo da Cultura de Narón, donde presentará o seu último espectáculo, “Ara”, no marco da xira “Ara Malikian World Tour”. A cita será o vindeiro 7 de xaneiro ás 20.30 horas e producirase tan só unhas semanas despois de que o prestixioso violinista presentase este traballo no Carnegie Hall de Nova York, donde iniciou esta xira mundial.
O novo disco, segundo explicou o propio Malikian, xurdiu tras pasar horas de confinamento xunto co seu fillo, de sete anos, un tempo no creceron xuntos e que reflicte no seu traballo con sons e melodías inspiradas no seu fillo e na vida en xeral.
As entradas poden adquirirse dende hoxe na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 58 euros no patio de butacas; 52 euros na platea 1 e 48 euros na platea 2. O despacho de billetes do Pazo permanece operativo de luns a sábados entre as 9.30 e as 14.00 e de 17.00 a 20.30 e os domingos e festivos unha hora antes do comezo do espectáculo.
Formado en prestixiosos centros, Malikian obtivo numerosos galardóns a nivel internacional, donde se recoñeceu o seu gran traballo. Este virtuoso do violín, cun talento excepcional para tocar este instrumento musical por todo o mundo, coñeceu de primeira man as dificultades ata chegar ao éxito, participou tamén en bandas sonoras de películas dirixidas polo cineasta español Pedro Almodóvar e colaborou con grupos e artistas como Extremoduro, ou o bailarín Joaquín Cortés, entre outros. A súa anterior actuación no Pazo da Cultura tivo lugar no ano 2017, para presentar “La increíble gira del violín”, un rotundo éxito de público cun cheo total na cidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal