Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZOU DOUS OBRADOIROS DE IGUALDADE NO MUNDO DO AUTOMOBILISMO DIRIXIDOS A MOZAS E MOZOS
A edil de Igualdade, Mar Gómez, avanzou que participarán nos obradoiros mozas e mozos inscritos no programa "Abrindo camiños" e no campamento "Conciencia-T"
Narón, 14 de decembro de 2021. A Casa da Mocidade, na Gándara, acollerá dous obradoiros sobre “Igualdade no mundo do automobilismo” nos que participarán rapazas e rapaces inscritos no programa municipal “Abrindo camiños” e no campamento “Conciencia-T”. A edil de Igualdade, Mar Gómez, explicou que a primeira cita terá lugar mañá pola tarde, de 18.00 a 20.00 horas con mozas e mozos que participan no primeiro dos programas, se ben a segunda convocatoria, para os de “Conciencia-T”, terá lugar o vindeiro 22 de decembro, de 11.30 a 13.30 horas. Gómez explicou que durante estes obradoiros, impartidos por persoal do equipo feminino do Melmac Rally Factory, os participantes coñecerán a historia e iniciación no mundo do motor deste equipo de rallis e tamén aprenderán algúns aspectos relacionados coa preparación dun ralli e a práctica da asistencia das mecánicas nun ralli. Así mesmo, tal e como avanzou, terán a oportunidade de realizar un exercicio de carácter práctico, que consistirá no cambio dunha roda dun coche. Para levar a cabo os obradoiros, desprazarase ás inmediacións da Casa da Mocidade un vehículo de ralli, para que poidan iniciarse nos obxectivos marcados para este obradoiro. “Esta iniciativa aposta por rachar unha serie de estereotipos existentes aínda no mundo do deporte, neste caso do motor, que cada día conta con máis e mellores profesionais femininas”, apuntou Gómez.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal