Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COMEZA A "CAMPAÑA DE NADAL DO COMERCIO LOCAL" ORGANIZADA POLO CONCELLO E A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE NARÓN
O edil de Promoción Económica, David Pita, presentou a iniciativa xunto coa secretaria da Asociación de Comerciantes de Narón, Susana Oreona
Narón, 14 de decembro de 2021. O Concello de Narón organiza un ano máis a “Campaña de Nadal do Comercio Local”, organizada co fin de incentivar e premiar as compras no pequeño comercio da localidade durante a tempada de Nadal. O edil de Promoción Económica, David Pita, presentou a iniciativa xunto coa secretaria da Asociación de Comerciantes de Narón, Susana Oreona. A esta campaña poden adherirse, de balde, todos os pequenos comercios da cidade que cumpran os requisitos establecidos nas bases, que se poden consultar na web: www.comerciodenaron.com. O concelleiro explicou que a campaña rematará o vindeiro 31 de decembro. Pita indicou que a campaña se divide en catro accións: unha de fidelización e tres concursos, de fotografía e vídeo felicitación na web e outro de viralización nas redes sociais. “É unha campaña na que se aposta pola dixitalización e a modernización do comercio que esperamos que teña unha moi boa acollida”, asegurou o edil, apuntando que “está pensada para compartir a través das redes sociais e animar á xente a que merque nos pequenos comercios de Narón, que nos fan cidade, polo que animamos ás veciñas e veciños e tamén aos propietarios deses pequenos comercios a sumarse a esta campaña”. Pola súa parte, Susana Oreona agradeceu a colaboración do Concello e explicou que “a clientela sempre atopará o apoio dos comerciantes para poder participar, polo que lles axudaremos a subir as fotografías, vídeos ou aclararemos calquera outra dúbida que poidan ter sobre esta campaña”. En canto á campaña de fidelización “sube o teu tícket”, os clientes terán que rexistrarse na web da campaña, facer unha foto a cada ticket de compra por un importe superior a 10 euros e subilo á web do concurso, para poder participar no sorteo de catro cestas de Nadal, valorada cada unha delas en máis de 180 euros. No caso daqueles clientes que suban máis de catro tickets tamén entrarán no sorteo de dous vales de compra por importe de 500 euros cada un e outros dous de 300 euros cada un. Para participar no concurso de fotografía os clientes rexistrados na web terán que subir unha foto –o máximo serán dez- no interior dalgún dos comercios participantes na campaña e compartila para recibir votos. As dez con máis votos entrarán no sorteo de tres vales de compra de 100 euros. Así mesmo, para poder participar no concurso de vídeo felicitación haberá que subir á web un vídeo –de curta duración- felicitando o Nadal dende un recuncho da súa casa e felicitando tamén nel a un dos comercios adheridos á “Campaña Nadal 2021”. Terán tamén que compartilo para recibir votos e poder entrar no sorteo de tres vales de compra de 100 euros. Así mesmo, levarase a cabo no marco desta campaña unha estratexia de viralización en redes sociais para difundila e propiciar a participación de máis persoas. Esta estratexia terá como recompensa dous premios de 100 euros cada un, que deberán canxearse nos comercios participantes. O concelleiro de Promoción Económica informou que os pequenos comercios da localidade que queiran sumarse a esta campaña poden facelo a través da web: www.comerciodenaron.com, do correo electrónico: nadal2021@eventi.es ou a través do Whatshapp (607 391 660 ou 613 138 107). Todos os establecementos participantes terán na súa fachada ou escaparate un cartaz identificativo. A información ao completo da campaña e os comercios adheridos poden consultarse na web comerciodenaron.com.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal