Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COMEZA O PROGRAMA MUNICIPAL DE "DINAMIZACIÓN COMUNITARIA NOS CENTROS CÍVICO-SOCIAIS" DA CIDADE
A edil de Benestar Social e Participación Cidadá, Catalina García, animou ás veciñas e veciños da cidade a participar nestes obradoiros, todos eles de balde
Narón, 15 de decembro de 2021. A concelleira de Benestar Social e Participación Cidadá, Catalina García, anunciou hoxe o inicio do programa de “Dinamización comunitaria nos centros cívico-sociais” da cidade. A edil naronesa explicou que se trata dunha proposta “para encher de vida e veciñanza os centros sociais de Narón” a través da que se levarán a cabo diferentes obradoiros dirixidos á cidadanía e relacionados co Nadal e o medio ambiente. García explicou que se ofreceu a opción de acollerse a este programa a todos os centros cívicos sociais da zona urbana e rural, se ben finalmente se levará a cabo nos once que o fixeron: A Solaina, Pedroso, Sedes, Doso, Xuvia, O Val, San Xiao, A Gándara, O Couto, O Alto e Castro. “En total realizaranse quince obradoiros de catro temáticas diferentes, en horario de tarde e con participación de balde ata completar o aforo, debendo contactar as persoas interesadas en realizalos cos responsables dos centros cívicos de Narón, que dispoñen de toda a información ao respecto”. A primeira das citas será esta mesma tarde, ás 17.00 horas, no Centro Cívico Social da Solaina, donde se realizará un obradoiro de Creación de grilandas para decorar eses centros. Ese mesmo obradoiro realizarase mañá ás 17.00 horas en Pedroso e esta semana tamén serán os programados en Sedes e Doso, o venres ás 17.30 horas e o sábado ás 19.00 respectivamente, sobre Reciclaxe de bólas para a árbore (bolas rústicas) e o de Fabricación de marionetas recicladas, o domingo ás 16.00 horas en Xuvia. A vindeira semana terán lugar no Val, o luns ás 16.30 horas sobre Fabricación de marionetas recicladas; o martes 21 en San Xiao ás 17.00 horas sobre Creación de grilandas para decorar os Centros Cívicos Sociais; o mércores 22 na Gándara e no Couto –ás 16.00 e 19.00 horas respectivamente- para Fabricación de marionetas recicladas e finalmente, o mércores 23 serán os do Alto e Castro -16.00 e 19.00 horas- no primeiro caso para Creación de grilandas e no segundo para Fabricación de comedeiros de paxaros con materiais reciclados. “A través desta proposta queremos animar á xente a participar, con todas as medidas de seguridade, nas actividades que se poden desenvolver nos centros cívicos”, asegurou a edil naronesa. García destacou que é unha proposta de balde “na que terán a oportunidade de compartir un tempo de lecer e, ao mesmo tempo, de aprendizaxe, creatividade e convivencia, dun xeito interxeracional porque poderán participar persoas de todas as idades”. Ao remate de cada obradoiro haberá unha merenda saudable que se ofrecerá en colaboración cos responsables dos ambigús.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal