Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XUNTA CONFIRMA Ó CONCELLO A PARALIZACIÓN DO PLAN SECTORIAL DE O PONTO
Narón, 12 de Xaneiro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, ven de recibir un escrito da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) da Xunta de Galicia, asinado polo seu director, Antonio José Boné Pina, no que se lle reitera a intención de deixar sen efecto o Plan Sectorial de Solo de Galicia que afectaría á zona naronesa de O Ponto. Segundo consta na comunicación oficial, o IGVS está a realizar unha profunda revisión do citado plan que non chegou a ser aprobado polo Goberno anterior da Xunta de Galicia, e que o actual decide deixar sen efecto a parte que afecta ó ámbito territorial de Narón. “Con independencia da tramitación que finalmente teña o documento, en ningún caso incluirá os ámbitos que afectan ó seu término municipal”, sinala o documento asinado polo director xeral do IGVS. O Alcalde de Narón calificou coma moi importante a paralización deste Plan Sectorial que afectaría a un núcleo de poboación de O Ponto, pero tamén quixo deixar claro que Narón segue mantendo a súa aposta por desenvolver un plan de vivenda social na zona de Freixeiro, e de feito así o comunicará o Concello á Xunta. “Narón segue a crecer en número de habitantes e nos estamos dacordo en que se anule o plan en O Ponto pero se a Xunta vai mantelo no resto da bisbarra, queremos que conten con Narón para facelo na zona de Freixeiro”, sinalou. Jose Manuel Blanco engadiu que este é o momento “para levar adiante este plan xa que hai espacio suficiente neste lugar para edificar vivendas de protección oficial”, dixo. Finalmente, apuntou outra posibilidade para aumentar o número de vivendas sociais no municipio: que a Xunta entre en conversacións cos contratistas que están a promover obras no municipio, para poder adaptalas ós requisitos das vivendas oficiais e ofrecer así un mercado máis asequible para que Narón continúe crecendo en número de habitantes.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal