Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA ESTA SEMANA OS ACTOS ENMARCADOS NA PROGRAMACIÓN "NARÓN NADAL 2021"
As edís de Turismo, Natalia Hermida, e Ensino, Mercedes Taibo, presentaron a programación acompañadas polo concelleiro de Deportes, José Oreona
Narón, 15 de decembro de 2021. As edís de Turismo, Natalia Hermida e Ensino, Mercedes Taibo, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, presentaron esta mañá a programación de Nadal do Concello. “Trátase dunha serie de propostas moi variadas, dirixidas a persoas de todas as idades e a través das que se ofertan espectáculos, actividades de conciliación, un evento deportivo e tamén a proposta da Cidade dos Agasallos e o recibimento aos Reis Magos”, avanzou Hermida. A primeira das citas da programación será esta mesma fin de semana. A compañía La Fiesta Escénica estará no Pazo da Cultura para representar o espectáculo “Circo de Nadal”, cun total de cinco funcións repartidas entre este venres 17 e o domingo 19. Trátase dunha proposta dirixida a todo tipo de públicos, dunha hora de duración e na que participan máis de medio cento de persoas, entre artistas, adestradores e técnicos, chegados de diferentes países do mundo e algúns tamén galegos, unidos co obxectivo de dar vida á ilusión do Nadal. As funcións programadas serán o venres ás 19.00 horas, o sábado 18 ás 17.00 e 19.00 e o domingo día 19 ás 12.30 e 18.00 horas. A vindeira cita programada no Pazo será o xoves 23 ás 20.30 horas, co espectáculo “Spirit of New Orleans Gospel Choir”, da compañía The Project Music, e o 30 de decembro –ás 19.30 horas- terá lugar o tradicional Concerto de Fin de Ano protagonizado pola Asociación Cultural Musical Sementeira. As entradas para estes espectáculos poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. O Pazo da Cultura acollerá un ano máis a Cidade dos Agasallos, unha proposta que inclúe diversos espectáculos a partir da vindeira semana e tamén contará cunha Oficina do Correo Real, donde as nenas e nenos poderán deixar as súas cartas aos Reis Magos a partir do vindeiro 22 de decembro. O horario para facelo será de luns a venres entre as 11.00 e as 14.00 e de 16.30 a 21.00 e os sábados e domingos dende as 11.00 ata as 14.00 horas, sen ser preciso realizar reserva previa. A programación da Cidade dos Agasallos inclúe microespazos para todos os públicos dende o 23 de decembro ata o 4 de xaneiro. A primeira cita, tamén no Pazo, será o vindeiro xoves con “Aguinaldos na Maxia do Nadal” -12.00 horas- de A Maga Fani, e “Varietés do animalario” -18.00 horas-, de Paporrubio. Esa mesma semana, o domingo 26 poderase ver “O tranvía de Nadal” -12.00 horas”, de Charo Pita Trío, e “O Castiñeiro do Apalpador” -18.00-. A seguinte semana, o mércores 29 terá lugar “Arrieira” -18.00” de Xarope Tulú, e o xoves 30 “O Crebanoces” -18.00 horas- de Larraitz Urruzola. As dúas últimas propostas serán en xaneiro, o día 2 con “Os ratiños do Nadal” -12.00- de Bea Campos, e “Estación Nadal” -18.00- de Mamá Cabra e o día 4 con “O que levamos nas maletas” -18.00 horas- de Magín Blanco e Pablo Vidal. Todos estes espectáculos son de balde e desenvolveranse na zona da Cidade dos Agasallos Na xornada do sábado 1 de xaneiro de madrugada, ás 00.10 horas, terá lugar a tradicional sesión de Fogos de Aninovo. O gran recibimento aos Reis Magos será o 5 de xaneiro, xornada na que as nenas e nenos poderán conversar con Melchor, Gaspar e Baltasar en horario de mañá e tarde, de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas. Neste caso será preciso reservar entradas –sen custe- a partir do 27 de decembro no teléfono da billeteira do Pazo da Cultura: 981 102 897. A programación de Nadal inclúe ademais a celebración, o último día do ano, de “A trintaeundoce”, a tradicional San Silvestre que comezará ás 16.30 horas e que na que poderán participar persoas de diferentes idades, realizando un percorrido urbano entre a rotonda de Freixeiro e a residencia San Xosé de Piñeiros. Os prazos de inscrición neste evento deportivo daranse a coñecer próximamente dende o Concello. A maiores destas propostas, dende o Consistorio tamén se impulsarán un ano máis actividades encamiñadas a facilitar a concienciación da vida familiar e laboral. Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro, na Aula Cemit de Xuvia e nos centros cívicos sociais da zona rural que o solicitaron, celebrarase unha nova edición do programa Informática Divertida (INDI), con quendas de mañá e tarde e na que os rapaces e rapazas de 8 a 12 anos aprenderán a programar con Minecraft, programación de bloques, a deseñar tarxetas de Nadal… Así mesmo, do 22 ao 24 de decembro e do 27 ao 29 terán lugar outras dúas propostas de conciliación, a colonia infantil “Naturciencia” –para menores nados entre 2009 e 2018- sobre robótica, medio ambiente… e o programa “Conciencia-T” –menores nados entre 2004 e 2008-, sobre uso responsable de redes sociais. O primeiro deles impartirase nas instalacións do colexio da Gándara e ofrece servizo de madrugadores e de acompañamento á saída e o segundo na Casa da Mocidade, en ambos casos en horario de mañá.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal