Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ADXUDICOU Á EMPRESA XESTIÓN AMBIENTAL DE CONTRATAS AS OBRAS DA PRIMEIRA FASE DA SENDA PEONIL E CICLISTA QUE ENLAZARÁ OS PASEOS DE FREIXEIRO E XUVIA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o feito de que a intervención permitirá crear un gran pulmón verde no centro da cidade, ao enlazar os dous paseos
Narón, 17 de decembro de 2021. O Concello adxudicou á empresa Xestión Ambiental de Contratas SL os traballos de construción dunha senda peonil para enlazar os paseos de Freixeiro e Xuvia. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, indicou que se trata dunha actuación que suporá un investimento que ronda os 580.000 euros e que permitirá, tal e como figura no proxecto, recuperar chan urbán para usos públicos amables co medio ambiente: apertura urbana e disfrute do entorno da ría. A maiores, tamén se adxudicaron a Dirección de Obra e a Coordinación de Seguridade e Saúde, por unha partida que en conxunto ronda os 21.000 euros. Trátase dunha actuación cofinanciable nun 80% polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirregional de España Feder 2014-2020 e enmarcado na Estrategia de Desarrollo Urbano Sostenible e Integrado (EDUSI) “Ría de Ferrol, Cidade 2020”. Os traballos do proxecto acometeranse en dúas fases, estando actualmente adxudicada a primeira, entre a avenida Conde de Fenosa (camiño da Veiga) e o muíño de As Aceas. Este será o tramo, tal e como indicou a alcaldesa, que se cofinanciará con cargo a fondos europeos e por donde se comezarán a executar os traballos previstos nunha data aínda por determinar dende a compañía adxudicataria. “Este primeiro tramo ten unha superficie duns 22.000 metros cadrados, nos que se habilitarán uns 1.200 lineais de senda peonil e ciclista que discurrirá paralela ao río Freixeiro”, explicou Ferreiro. Así mesmo, indicou que nese tramo se habilitará unha área estancial de 15.500 metros cadrados aproximadamente e tamén se instalará mobiliario urbán: bancos, papeleiras e mesas. A rexedora local recordou que a segunda fase deste ambicioso proxecto, en fase de licitación, se corresponde co tramo comprendido entre a rúa Miguel de Cervantes e a Conde de Fenosa e cuxo investimento rondará os 500.000 euros. “Neste caso os traballos permitirán acondicionar nun área de 22.000 metros cadrados, un millar de metros lineais de senda, co seu correspondente mobiliario urbán e cunha área estancial duns 5.000 metros cadrados”, avanzou Ferreiro. En canto á intervención a alcaldesa destacou o feito de que a senda terá un ancho de catro metros e pavimentarase con firme natural, acorde co entorno no que está proxectada. “Dende o goberno local continuamos poñendo en valor o patrimonio histórico e natural da cidade, recuperando un tramo de gran superficie nas inmediacións do río Freixeiro que permitirá crear un gran pulmón verde no centro da cidade para percorrer a pé ou en bicicleta o tramo comprendido entre os paseos de Freixeiro e Xuvia”, subliñou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal