Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O ALUMNADO DO PROGRAMA MUNICIPAL "ADIANTE NARÓN" RECIBIU ESTA MAÑÁ OS SEUS DIPLOMAS NO PAZO
O ALUMNADO DO PROGRAMA MUNICIPAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Promoción Económica, David Pita, foron os encargados de entregar os diplomas aos once participantes
Narón, 22 de decembro de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregaron esta mañá os diplomas do programa municipal “Adiante Narón” ás once persoas que participaron no mesmo. O programa xorde co fin de fomentar o emprendemento, apostando pola súa viabilidade e sostibilidade no tempo dende un inicio, centrándose na formación para que as persoas que realizasen o curso partisen dunhas bases sólidas que cubrisen as súas inquedanzas.
Ferreiro e Pita interesáronse ante os participantes polos proxectos que presentaron a esta convocatoria: un área de reparación de autocaravanas, unha empresa de construción e reformas con servizo de limpeza, outra vencellada a servizos informáticos, un servizo de venda e reforma de estruturas e pezas metálicas, un espazo para a venda online de bonecas artesás… Os representantes do goberno local felicitaron ás persoas que remataron esta formación impulsada dende o Concello e conversaron con eles antes da entrega de diplomas, valorando positivamente o alumnado o resultado desta convocatoria, deseñada para fomentar iniciativas emprendedoras e o autoemprego.
“Adiante Narón” foi un programa pioneiro en Galicia e incluíu un total de catorce módulos de tres horas de duración cada un deles, en horario de mañá e que se desenvolveron dende o pasado 3 de novembro ata o 17 de decembro no Pazo. O alumnado abordou no primeiro dos bloques a “Detección de oportunidades e pilares do proxecto”, cun módulo sobre: Estratexia, detección e dimensionamento de oportunidades. O programa continuou co bloque de “Estratexia e dirección comercial”, con módulos sobre negocio e proposta de valor, construción de marca, determinación do prezo e marketing dixital e un terceiro bloque de “Análise de viabilidade e proxeccións económico/financieiras”, no que se abordaron temas como os obxectivos e a medición. O último dos bloques foi sobre “Aspectos legais e fiscais”, con módulos sobre o proceso de constitución de sociedades e os seus tipos e características e sobre propiedade intelectual, impostos e axudas públicas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal