Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA PRESENTOU O ORZAMENTO MUNICIPAL DO VINDEIRO ANO, QUE ASCENDE A 35,5 MILLÓNS DE EUROS
A ALCALDESA PRESENTOU O ORZAMENTO MUNICIPAL DO VINDEIRO ANO, QUE ASCENDE A 35,5 MILLÓNS DE EUROS
Marián Ferreiro deu a coñecer o documento contable de 2022 xunto co edil de Facenda, Román Romero, e o portavoz do PSOE local, David Pita
Narón, 23 de decembro de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presentou acompañada do edil de Facenda, Román Romero, e o portavoz do PSOE local, David Pita, os orzamentos municipais do vindeiro ano. O documento contable de 2022 ascende a 35.589.795 euros e presentouse esta mesma mañá aos integrantes da Comisión de Contratación, Persoal e Especial de Contas. “Un ano máis son uns orzamentos marcados pola pandemia da covid-19 e nos que a prioridade será un ano máis a atención ás persoas, polo que son uns orzamentos principalmente sociais”.
Ferreiro destacou que o Concello “continúa mantendo os impostos conxelados, incrementando na medida do posible os baremos de bonificacións para axudar ás familias máis vulnerables e sen débeda bancaria, factor este último que segue a marcar a estabilidade da xestión realizada nos últimos anos”. No capítulo de investimentos a alcaldesa incidiu no feito de que se destinarán importantes partidas a materializar dúas actuacións moi importantes na cidade cofinanciadas con fondos europeos: a rehabilitación do muíño de Xuvia e un tramo da senda peonil e ciclista que enlazará os paseos de Xuvia e Freixeiro, concretamente o comprendido entre o muíño de As Aceas e o Camiño do Peregrino. “En conxunto estas dúas actuacións suporán un investimento que ronda os 900.000 euros, unha contía coa que apostamos por recuperar unha parte importante do noso patrimonio arquitectónico e natural, ao tempo que ofrecer ás nosas veciñas e veciños novos espazos municipais”. A maiores, os orzamentos do vindeiro ano reservan preto de 433.000 euros para a dotación dunha zona verde con equipamento no entorno da rúa Camiño do Peregrino.
Á recuperación de chan urbano para usos públicos amables co medio ambiente destinaranse uns 374.000 euros, unha actuación subvencionada a través do Plan Edusi.
Así mesmo, Ferreiro destacou entre todos os investimentos os 600.000 euros que se reservarán para acondicionar, tamén cofinanciado con fondos europeos, o novo estacionamento de vehículos do centro de saúde. “É unha obra moi necesaria na que levamos tempo traballando, para a que realizamos un proxecto e que a medida que avancen os prazos que requiren este tipo de subvencións levaremos a cabo para habilitar preto de duascentas prazas”.
A ampliación da rede de saneamento no termo municipal, a reposición do firme dalgúns viais, a adquisición de material para a Policía Local e o Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Narón, melloras enerxéticas no polígono de Río do Pozo e reformas en instalacións municipais, figuran tamén entre os investimentos.
Pola súa banda, o concelleiro de Facenda, Román Romero, apuntou o importante incremento de partidas destinadas á área de Parques e Xardíns, cun 64% máis de investimento con respecto ao ano pasado; dun 54% na área de Persoas Maiores; un 32% en Igualdade e un 26% en Educación, entre outras. “A xestión realizada dende o Concello permite incrementar estas e outras partidas, o que supón importantes melloras nos citados servizos públicos e de atención á cidadanía, grazas á consecución de máis fondos europeos para materializar varios proxectos na cidade”.
O portavoz do PSOE local, David Pita, asegurou que se trata dun “orzamento record, incrementado con respecto ao do ano anterior e mantendo os impostos conxelados” e subliñou a importancia de que “se incrementen un ano máis as partidas reservadas a gasto social”.
Finalmente, a alcaldesa reiterou a importancia de aprobar estes “orzamentos sociais que parten da estabilidade e responsabilidade da xestión realizada dende o goberno local”.


Descarga de archivos
Orzamento 2022Tamaño: 2,95 MBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal