Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLE ESTA SEMANA A OBRA "SOMOS CRIMINAIS 3" E DOUS NOVOS ESPECTÁCULOS DA CIDADE DOS AGASALLOS
A programación da última semana do ano no Pazo da Cultura inclúe propostas dirixidas a todo tipo de públicos
Narón, 27 de decembro de 2021. O Pazo da Cultura continúa acollendo esta semana programación cultural de finais de ano e tamén espectáculos da Cidade dos Agasallos. Mañá e o mércores terá lugar o novo espectáculo de Xosé Antonio Touriñán e Carlos Blanco, “Somos Criminais 3”, en ambos casos ás 20.30 horas. Os espectadores terán a oportunidade de coñecer unha pormenorizada análise que fan de Galicia estes dous recoñecidos actores galegos, que traballaron co director naronés José L. Prieto nos textos. As escasas entradas aínda dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. Así mesmo, este mércores e xoves continuarán no Pazo os microespazos da Cidade dos Agasallos, con entrada de balde. Na xornada do mércores poderase ver a obra “Zona en obras”, de Brais das hortas, ás 18.00 horas –en substitución da prevista inicialmente-. Contos de osos tristes, de extraterrestres que viaxan en caldeiros de fregar, de cans de palleiro que se converten en superstars…música, títeres e unha gran interacción co público durante todo o espectáculo. O xoves 30 será o turno de “O Crebanoces”, de Larraitz Urruzola, tamén ás 18.00 horas. Neste caso, trátase dunha proposta de títeres con técnica mixta que se inspira no conto de Hoffmann. A música de Tchaikowsky acompañará esta historia, na que o padrino Drosselmeier contará a historia do xoguete que lles entregará no Nadal aos seus sobriños, un boneco crebanoces. No Pazo da Cultura, a partir de hoxe xa se poden reservar as entradas –de balde- para acudir o vindeiro 5 de xaneiro a saudar aos Reis Magos. Estarán nos seus tronos do Pazo entre as 11.00 e as 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas, debendo chamar ao teléfono 981 102 897 as persoas que desexen acudir a ver a Melchor, Gaspar e Baltasar, cos que poderán conversar uns minutos. O concerto de Fin de Ano da Agrupación Cultural Musical Sementeira, de Narón, previsto para este xoves día 30 ás 19.30 horas aprazouse debido á situación sanitaria. As persoas que adquirisen as entradas poden recuperar o importe das mesmas no despacho de billetes do Pazo da Cultura. A programación de Nadal do Pazo acolle tamén estes días a Cidade dos Agasallos, donde se ubica a Oficina do Correo Postal. Ata alí poden achegarse as persoas que o desexen para deixar as súas cartas aos Magos de Oriente, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 de luns a venres e os sábados e domingos de 11.00 a 14.00 horas (sen reserva previa).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal