Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINOU UNHA PARTIDA DUNS 42.600 EUROS Á INSTALACIÓN DE ALUMEADO LED NAS PARROQUIAS DE SAN XIAO E SEDES
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou as vantaxas económicas e medioambientais, entre outras, da implantación do alumeado led
Narón, 29 de decembro de 2021. O Concello ultima este días os traballos de renovación de luminarias na parroquia de San Xiao. A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que persoal do departamento municipal de Servizos básicos está realizando as tarefas, ás que se destinou unha partida das arcas locais de 30.000 euros. En total, apuntou, colocaranse 124 luminarias led de 60 e 100 vatios, con iluminación de cor blanco cálido e que substitúen ás vellas luminarias de 150 vatios de vapor de sodio. A rexedora explicou que as antigas luminarias se atopaban deterioradas e urxía a súa substitución por outras de tecnoloxía led “moito máis eficientes, que permiten reducir o nivel de enerxía consumida, con mellores condicións de iluminación e, ao mesmo tempo rebaixando a contaminación lumínica”. Ferreiro destacou as vantaxes deste sistema de alumeado público, implantado xa noutras zonas tanto do núcleo urbano como rural do termo municipal. Así mesmo, Ferreiro situou nun 66,5% o aforro da enerxía consumida no tramo no que se procede á substitución das luminarias. “A actuación representa un aforro directo sobre o consumo enerxético debido á rebaixa da potencia instalada en cada punto de luz”, indicou a alcaldesa. Ao mesmo tempo, subliñou que “os axustes do nivel de iluminación automatizado segundo a hora da noite e o aforo das vías a iluminar permite tamén reducir gastos no consumo”. A maiores, a alcaldesa recordou que tamén dende a área municipal de Servizos se realizaron intervencións en catro cadros da parroquia de Sedes, nos que se substituíron 180 luminarias para implantar a tecnoloxía led. Os traballos leváronse a cabo nos lugares de Carballo, Marianes, Río da Lousa, Pereiro, Barreiros, Borrallada e Lagoela. “Neste caso o aforro estimado ronda o 50% e o investimento que se realizou ascendeu a 12.600 euros”, apuntou Ferreiro. Entre as vantaxes destas intervencións a rexedora local aludiu tamén á redución da contaminación lumínica e á mellora na calidade lumínica, favorecendo a percepción e a seguridade tanto de peóns como de condutores que transitan por estas vías con alumeado led. Ao renovar as luminarias tamén se evitan os custes derivados das continuas actuacións de mantemento que requiren as vellas instalacións de vapor de sodio.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es