Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTE DOMINGO NA CIDADE DOS AGASALLOSOS ESPECTÁCULSO "OS RATIÑOS DO NADAL" E "ESTACIÓN DE NADAL"
As propostas, de balde, desenvolveranse en horario de mañá e tarde e diríxense a público familiar
Narón, 30 de decembro de 2021. Os microespazos da Cidade dos Agasallos continuarán este domingo, día 2, no Pazo da Cultura. As dúas propostas desta xornada serán ás 12.00 horas, co espectáculo “Os ratiños do Nadal”, de Bea Campos, e ás 18.00 horas, con “Estación Nadal”, de Mamá Cabra. A primeira das citas, “Os ratiños do Nadal”, protagonízana uns pequenos ratiños que non son malos pero queren chamar a atención. Con este motivo, cando todo está preparado para o Nadal, as casas adornadas e a comida preparada, os roedores comezan a rilalo todo. Unha vez que comezan a escoitar contos e cancións todo cambiará e portaranse moito mellor. A narración oral e a música en directo van da man neste espectáculo baseado en varios contos populares. Pola tarde poderase ver “Estación Nadal”, á que lle canta Mamá Cabra para descubrir unha quinta estación que se suma ao outono, inverno, primaveira e verán. A estación Nadal é a máis divertida do ano porque é tempo de agasallos, cancións, vacacións… Música e baile para que poida disfrutar o público cun amplo repertorio de cancións.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es