Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALEXANDRA DÍAZ RAMOS, VECIÑA DE NARÓN, GAÑADORA DA ÚLTIMA CESTA DE NADAL SORTEADA NA "CAMPAÑA DO COMERCIO LOCAL"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Promoción Económica, David Pita, entregaron a cesta xunto con Vanesa Maseda, da Asociación de Comerciantes de Narón
Narón, 30 de decembro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregaron xunto con Vanesa Maseda, da Asociación de Comerciantes de Narón, a cuarta e última cesta con produtos de Nadal sorteada na “Campaña do Comercio Local” de Narón. A agraciada nesta ocasión foi Alexandra Díaz Ramos, veciña de Narón, que resultou premiada tras depositar unha papeleta no establecemento Marisa Rivas Fotografía. A alcaldesa e o edil naronés felicitaron á agraciada, ao igual que fixo a representante da Asociación de Comerciantes de Narón, á que animaron a continuar comprando nos establecementos da cidade, dos que destacaron a calidade e variedade de produtos que ofrecen, así como o trato coa clientela. O vindeiro 1 de xaneiro procederase a sortear os vales de compra desta campaña, dous por importe de 500 euros cada un, outros dous de 300 euros e seis de cen euros. A campaña remata mañá venres, polo que as persoas que o desexen aínda poderán participar no sorteo destes vales para gastar nos establecementos comerciais adheridos. A través da web: www.comerciodenaron.com, pódense consultar as diferentes propostas para participar nos sorteos pendientes: subindo imaxes de tickets de compras, vídeos ou fotos felicitando o Nadal nos comercios ou mediante a estratexia de viralización.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es