Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO ACOLLERÁ MAÑÁ O MICROESPAZO "O QUE LEVAMOS NAS MALETAS" NA CIDADE DOS AGASALLOS
O PAZO ACOLLERÁ MAÑÁ O MICROESPAZO
A proposta é un contacontos musicado que axudará aos menores a estimular a súa creatividade, tal e como indicou o edil de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo
Narón, 3 de xaneiro de 2022. A Cidade dos Agasallos do Pazo da Cultura acollerá mañá o último dos microespazos programados este ano e dirixidos a público familiar. O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, explicou que ás 18.00 horas se poderá ver “O que levamos nas maletas”, de Magín Blanco e Pablo Vidal.
Esta proposta é un contacontos musicado que axudará aos nenos e nenas a estimular a súa creatividade e tamén a súa curiosidade polas letras e as palabras, a lingua, os contos e a música. Deste xeito os menores poderán crear o seu propio universo creativo, tal e como indicaron os autores desta proposta.
O Pazo acolleu dende o pasado 23 de decembro un total de oito espectáculos, aos que se sumará o de mañá para completar a programación da Cidade dos Agasallos. A maiores, este xoves tamén terá lugar no Pazo o gran recibimento aos Reis Magos, aos que poderán saudar as nenas e nenos de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas. Para poder facelo é preciso reservar entrada no teléfono do despacho de billetes do Pazo, chamando ao 981 102 897.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal