Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "DESEÑO GRÁFICO CON CANVA"
A edil de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, avanzou que as sesións se impartirán en horario de tarde
Narón, 3 de xaneiro de 2022. A Aula Cemit de Xuvia acollerá un novo curso de “Deseño gráfico con Canva” convocado a través da plataforma Cemit da Xunta de Galicia. A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, informou da apertura, hoxe, do prazo de inscrición desta acción formativa, indicando que se poden anotar as persoas interesadas a través do seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/37848. En total hai nove prazas que se cubrirán por orde de inscrición, tal e como se indica dende a citada plataforma. O curso impartirase do 10 ao 19 de xaneiro (32 horas en total), nas instalacións da Aula Cemit de Xuvia, en horario de 16.00 a 20.00. Edición de fotos con Canva, creación dun libro virtual, dun deseño con formato personalizado, creación de logotipos, infografías, menús para restaurantes e cafeterías, cabeceiras para Youtube, miniaturas, pósters, publicacións para redes sociais e tarxetas profesionais forman parte dos contidos que se abordarán na convocatoria. A edil naronesa animou á cidadanía a inscribirse nesta convocatoria para incrementar os seus coñecementos en deseño gráfico a través do programa Canva, que ofrece múltiples posibilidades.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal