Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE RENOVACIÓN DAS LICENZAS DE VENDA AMBULANTE PARA O FEIRÓN DE SANTA ICÍA
O edil de Feiras e Mercados, Santiago Galego, indicou que o prazo para realizar os trámites permanecerá aberto ata o 28 de xaneiro
Narón, 3 de xaneiro de 2022. O concelleiro de Feiras e Mercados, Santiago Galego, informou da apertura do prazo, hoxe, para a renovación das licenzas de venda ambulante concedidas para o feirón de Santa Icía, que se celebra cada primeiro domingo de mes na citada parroquia. Coa solicitude debidamente cuberta haberá que entregar –orixinal ou fotocopia- do último recibo que acredite estar ao día coa Seguridade social como autónomo/a; seguro de responsabilidade civil (póliza ou último recibo de pago), certificado de estar dado de alta en Facenda no epígrafe correspondente e certificado de estar ao corrente nas obrigas coa Facenda Estatal e a Facenda da Xunta de Galicia. Tamén se requerirán os datos persoais da persoa solicitante e as características do posto para o que require renovación (produtos que vende, número de posto…). As persoas interesadas deberán presentar a instancia coa documentación requerida no Rexistro do Concello –de 8.30 a 13.30 horas-, na Sede Electrónica de Narón ou a través de calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O prazo para renovar as licencias rematará o vindeiro 28 de xaneiro e o feito de non renovala suporá a perda da autorización da venda ambulante e dos dereitos sobre o posto que tiña asignado o pasado ano. Tras perder esa autorización será necesario tramitar unha nova alta. As persoas que desexen realizar algunha consulta poden facelo a través do correo electrónico: am.veiga@naron.es ou do teléfono 981 337 700 (extensión 1502).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal