Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONVOCADO O I CONCURSO DE CARTAS DE AMOR "QUEROTE 2010"
Pódese participar a través da web, e o único requisito para facelo é empregar o idioma galego.
Narón, 19 de Xaneiro de 2010.- O Concello de Narón ven de convocar o I Concurso de Cartas de Amor “Quérote 2010”, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello en colaboración coa Concellería de Novas Tecnoloxías. Os responsables de ambos departamentos, Guillermo Sánchez Fojo (Concelleiro de Cultura) e Paloma González Cuevas (Concelleira de Novas Tecnoloxías) compareceron hoxe en rolda de prensa para ofrecer tódolos detalles deste concurso, que ten como obxectivo utilizar a lingua galega para expresar os sentimentos máis íntimos, tal e como indicou a edila. O único requisito para poder participar nesta convocatoria é empregar o idioma galego. Os interesados teñen de prazo dende o 20 de xaneiro ata o 10 de febreiro, para presentar as súas cartas. Deberán facelo a través da web do Concello de Narón (www.naron.es), adxuntando os seus datos e autorizando a publicación da súa carta por parte do Concello. Formarán parte do xurado o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, a Tenente de Alcalde, Angeles Díaz, e a técnico de Normalización Lingüística do Concello. Precisamente a este respecto, o Concelleiro de Cultura lembrou a existencia deste servizo municipal, co que se pode contactar chamando ó teléfono do Concello 981 33 77 00 – extensión 1516. Ahí se ofrece asesoramento no idioma galego, para os interesados en participar no concurso. Tamén está a disposición pública a oficiña de Novas Tecnoloxías, chamando ó mesmo teléfono municipal pero marcando a extensión 1517. Os premios para os gañadores serán en metálico, establecéndose un 1º premio de 100€, un 2º premio de 75€ e un 3º premio de 50€. As bases do concurso poden consultarse na web do Concello, dende a cal pódese participar no certame.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal