Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS ENTRADAS PARA O CONCERTO DO VIOLINISTA ARA MALIKIAN NO PAZO DA CULTURA
O concerto terá lugar o venres 7 de xaneiro ás 20.30 horas e abrirá a programación deste ano no Pazo da Cultura
Narón, 4 de xaneiro de 2022. O Pazo da Cultura acollerá este venres, día 7 ás 20.30 horas o concerto do violinista español de orixe libanés Ara Malikian. O artista, afincado en Madrid, será o encargado de abrir a programación dos dous primeiros meses do ano no Pazo, onde presentará o seu último espectáculo, “Ara”, no marco da xira “Ara Malikian World Tour”. As últimas entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura, a un prezo de 58 euros no patio de butacas, 52 na planta 1 e 48 na planta 2. O concerto terá unha duración de case dúas horas, un tempo no que Malikian presentará o seu novo disco, no marco dunha xira que, tal e como el mesmo explica, é o resultado de ver medrar ao seu fillo e do seu crecemento ao seu carón. “É todos eses sons e melodías que intentan darlle forma ao que sentín e me inspirou el e da vida a través del”, indica, recalcando que “é unha homenaxe a eses seres que son tan libres como un paxaro libre”. O novo disco, segundo explicou o propio Malikian, xurdiu tras pasar horas de confinamento xunto co seu fillo, de sete anos, un tempo no creceron xuntos e que reflicte no seu traballo con sons e melodías inspiradas no seu fillo e na vida en xeral. O prestixioso violinista obtivo numerosos galardóns a nivel internacional, grazas ao seu excepcional talento para tocar este instrumento musical por todo o mundo. A súa anterior actuación no Pazo da Cultura tivo lugar no ano 2017, para presentar “La increíble gira del violín”, que obtivo unha excelente acollida.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal