Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ENTREGADOS OS VALES DA "CAMPAÑA DE NADAL DO COMERCIO LOCAL" ORGANIZADA POLO CONCELLO E A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE NARÓN
ENTREGADOS OS VALES DA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Promoción Económica, David Pita, foron os encargados de entregar esta mañá os vales da campaña
Narón, 7 de xaneiro de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregaron esta mañá no Concello os vales –por diferentes importes- da “Campaña de Nadal do comercio local”, organizada un ano máis polo Consistorio en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón. A través desta iniciativa, deseñada para fomentar as compras no comercio local, entregáronse catro cestas con produtos de Nadal e vales de compra en establecementos locais por un importe conxunto de 3.000 euros, que obtiveron maioritariamente veciñas de Narón pero tamén de Neda e Ferrol.
Ferreiro e Pita felicitaron ás persoas que gañaron os diferentes premios e agradecéronlles a confianza depositada nos comercios locais para realizar as súas compras, animándoos a seguir facéndoo para apostar polo comercio de proximidade. Así mesmo, dende o goberno local tamén se destacou a colaboración da Asociación de Comerciantes de Narón para poder levar a cabo novamente esta iniciativa na cidade.
As gañadoras dos dous vales por importe de 500 euros foron Coral Romero e Marta López e os de 300 foron para Sofía Permuy e Lucía López, podendo optar a eles as persoas que subiron á web da campaña máis de catro tickets de compra nos comercios participantes.
Os establecementos tamén tiñan opción a premio, que nesta ocasión foron vales por importe de 200 euros. Obtiveron os tres vales os establecementos Dyppo, Mari Josi e Franja.
Así mesmo, resultaron premiadas con 100 euros para gastar en establecementos da cidade Mónica Cereijo e Ana Rocío Corral, por participar no concurso de Facebook; Victoria Romero, Marta López e Silvia Domínguez, que participaron no de vídeos e Ruth Tenreiro, Nuna Porto e Cristina Luaces, que o fixeron no concurso de fotografías. Fomentar a fidelización da clientela e a difusión nas redes sociais estaban tamén entre os obxectivos desta iniciativa na que se apostou pola dixitalización.
Os vales poderán gastalos ata o vindeiro 15 deste mes nos comercios que se adheriron a esta campaña, que dispoñen da pertinente identificación e que tamén se poden consultar a través da páxina web: www.comerciodenaron.com.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal