Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INSTALOU CATRO SINAIS VERTICAIS INDICANDO OS ACCESOS AO POLÍGONO INDUSTRIAL DE RÍO DO POZO
A nova sinalización está instalada nas avenidas Bernardo Romero e Gonzalo Navarro, tal e como indicou o edil de Promoción Económica, David Pita
Narón, 7 de xaneiro de 2022. O polígono industrial de Río do Pozo conta dende hai uns días cunha nova sinalización vertical nos accesos polas avenidas Bernardo Romero e Gonzalo Navarro. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, indicou que en total se instalaron catro elementos, dunha altura duns catro metros, e que supuxeron ás arcas locais un investimento duns 15.000 euros. A través destes paneis verticais, en cor azul, dase a benvida ao polígono ás persoas que acceden dende as citadas avenidas, dende a zona de Freixeiro e de Castro. “Con estes catro elementos melloramos a sinalización do polígono, un labor no que estamos traballando e que indica os límites do parque empresarial por dous dos principais accesos ao mesmo”, apuntou Pita.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal