Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLEU HOXE O ACTO DE DISTINCIÓN DOS "USUARIOS E USUARIAS DE HONRA 2022"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, entregou as distincións e uns agasallos acompañada pola edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 8 de xaneiro de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá o acto de distinción de “Usuarios/as de honra 2022” da Biblioteca municipal, acto no que estivo acompañada pola edil responsable da citada área, Mercedes Taibo. A convocatoria organizouse un ano máis –e xa van nove con este- para conmemorar o Día dos usuarios e usuarias da Biblioteca, que se celebra cada 11 de xaneiro. Ferreiro e Taibo entregaron aos usuarios e usuarias de honra un diploma acreditativo e un pequeno agasallo. Na categoría infantil (ata 14 anos), obtiveron a distinción pola súa especial implicación coa biblioteca durante o pasado ano Ricardo Felipe Fuentes Hedo, Mateo Pita Couce, Olalla Calvo Paz, Leontine Adveumbalum Diatta Diatta e Nerea Campo Pita. Así mesmo, na cateogría de adultos os usuarios e usuarias de honra 2022 son: Miguel Ángel Ruiz Ruiz, Cristina Casteleiro Lorenzo, Amador Serrano Sol, María Edelmira Casal López e Ainara Blanco Otero. Debido á situación sanitaria o acto de entrega das distincións non se realizou de xeito conxunto, polo que as persoas foron chegado escalonadamente, tal e como se lles indicou, entre as 11.00 e as 11.30 no caso das de menor idade e de 11.30 a 12.00 as de categoría de adultos/as. A alcaldesa destacou a importancia deste acto e o feito de que as persoas distinguidas como usuarias e usuarios de honra se impliquen tan activamente nas actividades que se desenvolven ao longo do ano nas citadas instalacións. “Queremos felicitarvos hoxe publicamente neste acto e recoñecer un ano máis a vosa implicación e participación activa nas propostas que se impulsan dende aquí e animarvos a que o continuedes facendo”, asegurou Ferreiro. A Biblioteca municipal comezou a funcionar no ano 1986 no actual edificio da Casa da Cultura –nas inmediacións da estrada de Castela- e no ano 2003 inauguráronse as actuais instalacións, localizadas na rúa 25 de Xullo. A maiores das actividades que se levan a cabo ao longo do ano, ofrécense os servizos de lectura en sala, préstamo a domicilio e hemeroteca, entre moitos outros. O horario de apertura das instalacións durante a tempada de inverno é de luns a venres, de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 21.00 e os sábados de 10.00 a 13.00 na sala de adultos/as e de luns a venres de 17.00 a 20.00 e os sábados de 10.00 a 13.00 horas na sala infantil.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal