Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO OBRADOIRO "XUNTAS", DIRIXIDO A MULLERES MAIORES DE 50 ANOS
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO OBRADOIRO
A edil de Igualdade, Mar Gómez, explicou que a convocatoria se desenvolverá entre xaneiro e xuño deste ano no Centro Comunitario das Vivendas da Mariña
Narón, 11 de xaneiro de 2022. O Concello abriu o prazo de inscrición no obradoiro “Xuntas”, dirixido a mulleres maiores de 50 anos con doenzas psicosomáticas, depresión, ansiedade… e cunha escasa rede de apoio social. A edil de Igualdade, Mar Gómez, explicou que esta iniciativa aposta por ofrecer ao colectivo un espazo no que coñecer a outras persoas, mellorar a autoestima, realizar actividades diferentes na procura do benestar psicosocial e ofrecer un tempo de desconexión da rutina diaria.
Gómez indicou que se ofrecen un total de trinta prazas prazas para esta convocatoria –en grupos máximos de dez persoas-, de balde e que se impartirá dende este mes ata xuño no Centro Comunitario das Vivendas da Mariña. Haberá un total de tres quendas: os martes de 10.00 a 12.00 ou de 16.00 a 18.00 e os mércores de 16.00 a 18.00 horas.
Utilización do teléfono móbil, redes sociais, xestión emocional, autoestima e autocoidado emocional, perspectiva de xénero, o estrés, relación coa dor, beneficios de compartir… son algúns dos temas que se abordarán nas sesións a levar a cabo. “É moi importante nestes casos ofrecer ás persoas que acudan ao obradoiro unha serie de ferramentas que lles axuden no autocoidado emocional e no cambio de perspectiva ante diferentes situacións que poidan vivir”, asegurou Gómez.
As persoas interesadas en anotarse poden facelo ata o 31 de maio ás 00.00 horas, podendo presentar as solicitudes no Rexistro do Concello, na Sede Electrónica ou a través de calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas utilizando o formulario dispoñible na Sede Electrónica do Concello. As prazas cubriranse por rigorosa orde de entrada das solicitudes no Rexistro.
Para obter máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario de Narón, no primeiro andar do Concello, ou a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións 1115, 1108 e 1109).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal