Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A DEPUTACIÓN INICIA A CONSTRUCIÓN DUNHA PASARELA PARA O PASO SEGURO DOS PEÓNS SOBRE A VÍA DO TREN NA AVENIDA DE SANTA ICÍA
A DEPUTACIÓN INICIA A CONSTRUCIÓN DUNHA PASARELA PARA O PASO SEGURO DOS PEÓNS SOBRE A VÍA DO TREN NA AVENIDA DE SANTA ICÍA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, desprazouse hoxe á zona xunto á alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e edís da corporación local de Narón
A Coruña, 20 de xaneiro de 2022. Valentín González Formoso realizou hoxe unha visita ás obras de construción dunha pasarela peonil na DP-5403 sobre a vía do tren na avenida Santa Icía, en Narón, que contan cun orzamento de 307.989,15 euros e que teñen o obxectivo mellorar a accesibilidade e crear un paso peonil seguro.
O presidente, que avaliou a marcha dos traballos acompañado da alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, destacou que “esta pasarela responde a unha demanda veciñal e institucional de fai décadas e permitirá garantir unha maior seguridade viaria para os milleiros de transeúntes que pasan por enriba desta vía de tren”. Formoso manifestou a colaboración permanente do Concello e da cidadanía e agradeceu a esta última a “paciencia durante a espera e agora durante as molestias que poidan xurdir coas obras”.
Pola súa banda, a rexedora do municipio agradeceu o investimento no municipio “porque nos permite levar a cabo unha mellora na accesibilidade que ata día de hoxe non existía, con todos os problemas que iso supoñía, sobre todo na contorna dun pavillón”. Tamén amosou a súa satisfacción pola boa sintonía entre o ente provincial e o Concello.
A actuación estase a levar a cabo na ponte existente sobre a liña ferroviaria de FEVE na avenida de Santa Icía, que permitía o tráfico rodado e peonil. Sen embargo, os peóns non tiñan as condicións de seguridade e accesibilidade necesarias, xa que se trataba dunha vía de dobre sentido de circulación que contaba cunhas beirarrúas estreitas, pouco accesibles por exemplo para as cadeiras de rodas ou os carriños dos nenos pequenos.
Así pois, co obxectivo de eliminar este punto negro, está a construírse unha plataforma metálica paralela á ponte da DP-5403 para o tránsito peonil. Esta terá cunha lonxitude de 18 metros e un ancho de 2 metros e contará con iluminación ao longo do seu percorrido e rampas de acceso a ambos lados para garantir a accesibilidade de todas as persoas.
Dentro das actuacións tamén e procederá á demolición das beirarrúas existentes na ponte da DP-5403 e posterior fresado e rehabilitación do firme para mellorar o paso dos vehículos. As tarefas incluirán a reposición de servizos soterrados (iluminación pública, eléctrica...), substitución da baranda de protección existente por un pretil metálico para a contención de vehículos e reposición e colocación das marcas viarias horizontais e verticais.
A actuación manterá o trazado da vía existente e garantirá o acceso ás vivendas e garaxes da zona, así como as conexións con outros viais existentes. Mentres duren as obras produciranse cortes de tráfico na avenida Santa Icía, na rúa San Carlos e afeción na zona de aparcamento na rúa María Mariño.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal