Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU HOXE NO CONCELLO A JAVIER MARÍA DE LORESECHA, NOVO COMISARIO DA POLICÍA NACIONAL DA COMISARÍA FERROL-NARÓN
Marián Ferreiro aproveitou a xuntanza para trasladarlle os últimos problemas que en materia de seguridade cidadá se están rexistrando na cidade
Narón, 31 de xaneiro de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu esta mañá no seu despacho ao novo comisario da Policía Nacional da Comisaría de Ferrol-Narón, o compostelán Javier María de Loresecha. A rexedora local estivo acompañada na reunión polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, e o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita. A xuntanza programouse con motivo do recente nomeamento de Javier María de Loresecha, que tivo lugar o pasado día 10, en sustitución de Carlos Soria, actualmente comisario provincial en Cáceres. O encontro foi unha primeira toma de contacto entre Ferreiro e De Loresecha, e tras manter este último un encontro a pasada semana coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, para coñecer a situación da comarca en materia de seguridade cidadá. Ferreiro deulle a benvida ao comisario felicitándoo polo novo cargo e a súa dilatada experiencia profesional, e ofreceu a máxima colaboración do Concello para continuar traballando conxuntamente en materia de seguridade cidadá. A alcaldesa e o comisario coincidiron na necesidade de convocar unha xuntanza en canto sexa posible para abordar diferentes temas vencellados á citada área, se ben Ferreiro aproveitou a reunión de hoxe para trasladarlle os últimos problemas que en materia de seguridade cidadá que se están rexistrando na cidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal