Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CAMBIO DE TITULAR NA CONCELLERIA DE OBRAS DO CONCELLO DE NARON
CAMBIO DE TITULAR NA CONCELLERIA DE OBRAS DO CONCELLO DE NARON
Carlos Díaz Ramil deixa a acta de concelleiro por motivos profesionais, e será sustituido por Rafael Rivas, ambos do Partido Popular.
Narón, 26 de Xaneiro de 2010.- O ata agora concelleiro do Partido Popular de Narón e edil de Obras no Concello, Carlos Díaz Ramil, presentou onte no Rexistro Municipal a súa renuncia a continuar na vida política, por cuestións profesionais. Hoxe ofreceu unha rolda de prensa na que estivo acompañado pola Tenente de Alcalde, Angeles Díaz Pardo, e polo que será o seu sustituto ó frente da delegación de Obras, Rafael Rivas Grandal.

A súa nova ocupación laboral non permitirá a Carlos Díaz Ramil continuar coa súa labor ó frente da Concellería de Obras, tal e como él mesmo sinalou hoxe. “O meu problema é que a adicación que require esta concellería non a teño, debido ó meu traballo profesional”, declarou. O ex-concelleiro agradeceu ós compañeiros do seu partido o apoio incondicional ó seu traballo e deulle a noraboa a Rafael Rivas, do que destacou a súa importante traxectoria na política –sendo concelleiro durante 8 anos- e tamén na parroquia de O Val, onde foi vicepresidente da Asociación de Veciños, tesoreiro do clube de fútbol e vocal da Cooperativa do Val.

Pola súa banda, a Tenente de Alcalde, Angeles Díaz, resaltou a valía profesional e persoal do seu compañeiro de partido, destacando “o bo compañeiro que foi e o traballo que fixo na súa concellería”, poñendo coma exemplos o seu compromiso coas obras de construcción do Centro de Maiores de Vosa –cun prazo de execución determinado, por mor das subvencións concedidas- e coa ponte de Feve nas vivendas de A Mariña -solventando o corte temporal do tráfico chegando a un acordo cos taxistas para desprazar tódolos días ós veciños dun lugar a outro-. “Iso é o que debe facer un concelleiro, dar solución ós problemas dos veciños”, declarou.

Finalmente, o edil entrante, Rafael Rivas (que ocupou o nº6 na candidatura do PP de Narón) tan só agradeceu a Carlos Ramil a súa labor na Concellería de Obras, da cal se fará cargo, sinalando que “agardo facelo tan ben coma ti”.

A renuncia de Carlos Díaz Ramil farase oficial no pleno ordinario que terá lugar o xoves 28 de xaneiro ás 19 horas no Concello. A toma de posesión do novo concelleiro, Rafael Rivas, podería producirse no pleno do mes de febreiro, logo de que a Xunta Electoral Central teña coñecemento deste cambio e envíe a credencial correspondente.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal