Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU NO CONCELLO AOS REPRESENTANTES DO CLUB DE BAILE DEPORTIVO UN PASO ADELANTE
As formacións Revolution UPA e Remember foron proclamadas recentemente Campións de España na especialidade de Danza Coreográfica, na categoría nacional, nos grupos Junior e Absoluta respectivamente
Narón, 4 de febreiro de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu no Concello a Sandra García Pérez, presidenta e entrenadora do Club de Baile Deportivo Un Paso Adelante (UPA). A rexedora local felicitou ao club trala recente proclamación das formacións Revolution UPA e Remember como Campións de España na especialidade de Danza Coreográfica, na categoría nacional, a máxima vixente, nos grupos Junior e Absoluta, respectivamente. O Campionato de España de Danza Coreográfica, organizado pola Federación Española de Baile Deportivo, celebrouse a comezos do pasado mes de decembro na Cidade Deportiva Camilo Cano de La Nucía (Alicante). Así mesmo, na convocatoria deste ano, no Spanish Open de Baile Deportivo de La Nucía, tamén se disputou unha competición internacional avalada pola World Dance Sport Federation, na que Revolution UPA obtivo unha segunda praza e o Remember un primeiro posto. Os galardóns neste recoñecido evento deportivo continuaron para os grupos do club naronés. Ferreiro felicitou á representación do club polos grandes éxitos deportivos acadados “que se suman a moitos outros que lograstes grazas ao voso esforzo e dedicación nesta modalidade deportiva, froito de moitos anos de traballo e que se está recoñecendo a gran nivel grazas aos excelentes resultados que obtedes nos campionatos nos que participades”. A rexedora local destacou que “sodes un club relativamente de recente creación na cidade pero cunha traxectoria digna de destacar e recoñecer”, e agradeceu o feito de que “contribuades a que a nosa cidade continúe sendo un referente no mundo deportivo”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal