Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO EXECUTA OBRAS DE MELLORA DE ACCESIBILIDADE EN VIAIS DA ZONA URBANA POR UN IMPORTE DUNS 70.000 EUROS
O CONCELLO EXECUTA OBRAS DE MELLORA DE ACCESIBILIDADE EN VIAIS DA ZONA URBANA POR UN IMPORTE DUNS 70.000 EUROS
En conxunto actuarase nas interseccións dunha vintena de rúas nas zonas das Vivendas do Bispo, Río Masma, Rúa Ferrol e na zona de Amenadas
Narón, 10 de febreiro de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse á zona de Amenadás para comprobar o avance das obras de mellora da accesibilidade que se executan en viais da zona. Ferreiro explicou que os traballos actualmente en execución forman parte dun proxecto que suporá ao Concello un investimento total de 69.330 euros e que tamén contempla actuacións nas rúas Ferrol e nas Vivendas do Bispo. Na visita realizada á zona Ferreiro e Mauriz estiveron acompañados por un veciño da zona de Amenadás que valorou a intervención que se está levando a cabo.
En conxunto actuarase nas interseccións dunha vintena de rúas nas zonas das Vivendas do Bispo, Río Masma, Rúa Ferrol e na zona de Amenadás. Esta intervención, xa iniciada en Amenadás, complementa a outras xa executadas na zona urbana “para acondicionar pasos de peóns existentes, facéndoos accesibles ao deixar as beirarrúas na mesma cota da calzada”, apuntou Ferreiro.
En función de cada un dos pasos de peatóns sobre os que se proxectaron as actuacións levaranse a cabo uns traballos específicos, co fin de que se axusten aos parámetros de accesibilidade e seguridade, tal e como apuntou a alcaldesa. Ás tarefas de demolición do pavimento orixinal e demolición da calzada en zonas de vados e rampas sumaranse, entre outros, os de formación dunha base de formigón, colocación do pavimento correspondente e pintado do paso de peatóns, tal e como se contempla no proxecto. Os traballos, en conxunto, teñen un prazo de execución dun máximo de dous meses, segundo se especificou no prego de adxudicación dos mesmos.
A rexedora local destacou a importancia de “continuar avanzando na supresión das barreiras arquitectónicas, habilitando itinerarios accesibles para as persoas con problemas de mobilidade reducida ou discapacitadas”. Finalmente, Ferreiro avanzou que “dende o goberno local continuaremos traballando nesta mesma liña, mellorando a accesibilidade do termo municipal, tal e como vimos facendo nos últimos anos con actuacións tanto en espazos públicos como en instalacións municipais”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal